Estudantes de Coristanco intercambiarán experiencias con alumnos de La Guyonnière
Non é a primeira vez que se fan estos intercambios, pero a verdade é que deberían ser máis habituais. A importancia de saír da casa, de coñecer outras culturas, fai que estes intercambios fomenten a pluralidade, o respecto, unha formación máis humana e completa para os estudantes da zona.
Así, o concello de Coristanco e o seu homólogo francés de La Guonnière, preto de Nantes, fomentar participar en todo tipo de intercambios, tanto culturais coma educativos e mesmo empresariais.
A clave é “implicar á xente nova” no irmanamento. Con esa intención iniciaranse os contactos precisos para promover intercambios de estudantes de ámbolos municipios. A idea inicial é que os nenos e nenas de secundaria que estudan francés no colexio de Coristanco poidan viaxar a Francia en período non lectivo para mellorar o coñecemento do idioma e coñecer a cultura do país veciño.
Nesa experiencia, que sería de ida e volta, daríase gran participación ao departamento de francés do centro educativo e tamén ás familias, xa que o obxectivo é acadar a implicación de toda a sociedade.
Tamén nas empresas
Pero os gobernantes de La Guyonnière tamén apostan polo intercambio empresarial. De feito, o alcalde interesouse especialmente polos xogos dos parques infantís, e aínda que non puido visitar a empresa Galopín si levou amplo material e información facilitados pola firma cercedense. A Michaël Orieux causoulle moi boa impresión o complexo recreativo e deportivo da Rocheira, e tamén se interesou polo céspede do campo de fútbol coa intención de poder utilizalo no seu pobo.
A delegación francesa participou activamente durante a fin de semana pasada na vida social de Coristanco, acudiu á romaría de San Adrián de Verdes, fixo un percorrido polo concello e mesmo se achegou ata a Férveda de Entrecruces (Carballo), da que os franceses saíron impresionados. A curto prazo terán ocasión de ampliar ese contacto con Coristanco e coa comarca, xa que en maio do vindeiro ano viaxarán á localidade un grupo de veciños de La Guyonnière.
Novas relacionadas
- Irmandade bilingüe entre institutos carballeses e bretóns.
- Cabana estreita lazos coa localidade francesa de Treize-Septiers.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).