O presidente da RAG, o muradán Henrique Monteagudo, estreou o Mes das Letras

O presidente da Real Academia Galega (RAG) e veciño de Muros, Henrique Monteagudo, estivo este xoves pola tarde na Fábrica de Sel para dar unha charla sobre ‘Falares e Cantares Muradáns’, dentro da programación do Mes das letras no Concello de Muros.
Monteagudo repasou algunhas das expresións e os versos que forman parte desta tradición oral en Muros. Ao final da súa ponencia, recibiu un agasallo de man da alcaldesa, María Lago, e a concelleira de Cultura, Caridad González.
“Quero agradecer persoalmente a presenza hoxe aquí en Muros de Henrique, veciño noso pero cunha axenda agora mesmo moi apretada polas súas novas responsabilidades”, afirmou Caridad González.
María Lago lembrou “a importancia nas nosas vidas e en familias como a miña das cantareiras, que sen dúbida merecen o recoñecemento destas Letras Galegas”.