Venres. 03.05.2024
El tiempo

A exposición Taxi Compostelle virá de Suiza a Galicia

Comitiva Coruna en Delemont Exposicion Taxi Compostelle
Foto de familia
A exposición Taxi Compostelle virá de Suiza a Galicia

Celebrouse este sábado un encontro moi emotivo en Delemont. A exposición Taxi Compostelle recibía a visita dunha comitiva do BNG para manter un encontro coa emigración galega. O deputado carballés Xosé Regueira e a europarlamentaria Ana Miranda acodían a esta fermosa mostra galega acompañados de Alfonso Cruz, o alcalde cormelán de Xenebra.

Un encontro moi bergantiñán pois ademais do carballés e o cormelán, tamén formaron parte activa a nosa embaixadora cabanesa Alejandra Plaza, ou comisario da expo, que foi encargado de facer a visita guiada, Antonio Rodríguez, de familia de Traba.

Exposicion Galiza Delemont BNG

”Un orgullo e unha honra poder manter este encontro coa diáspora galega”, sinalaba Regueira ás preguntas de Alejandra Plaza. Agradeceu poder gozar dunha “expo magnífica que reflexa unha boa parte da nosa historia, da nosa memoria e das vivenzas de milleiros de veciños”, ao tempo que se sentiu orgulloso de poder “amosar as persperctivas de futuro en Galiza á veciñanza galega no exterior, que ten que ser cidadanía de primeiras”. “Volvemos cos vínculos vivos e afortalados, e anunciamos que temos iniciado hoxe o Camiño para que esta exposición de Taxi Compostelle que está en Delemont poida trasladarse á provincia da Coruña”.

Alfonso Cruz non esperaba unha recepción tan emotiva, e considera moi positiva porque aínda que a día de hoxe si se vaia mellorando, “non se recoñece o valor da emigración galega no exterior”. Recoñeceu que “na emigración sempre hai unha ferida aberta”, pero sinalou que unha boa receita é “sentirse integrado no país que te acolle, sen esquecer as túas raíces”. Apunto que “o seu desexo máis importante sempre foi en clave de xustiza social, de protección dos máis débiles”.

Galiza Celta de Delemont
Non faltaron as gaitas do Grupo costeiro Galiza Celta de Delemont
Alejandra Plaza e Xose Abelenda
Alejandra Plaza e Xose Abelenda

Máis novas relacionadas

Comentarios