Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Falece un policía local en Carballo tras ser atropelado nun control de alcoholemia

Falece un policía local en Carballo tras ser atropelado nun control de alcoholemia
pleno-carballo-policia-atropelado O concello de Carballo celebrou hoxe un pleno extraordinario no que se decretou dous días de loito de oficial polo falecemento do axente Un policía local de Carballo - José Luis Garea - faleceu pasadas a 5 horas desta madrugada tras ser atropelado mentras participaba, xunto con outros tres compañeiros, nun dispositivo de vixilancia e control da seguridade viaria, en colaboración coa Garda Civil, cando foi arrollado por un vehículo na estrada de Ordes, á altura do barrio das Labradas. O suceso ocorreu ás 5.15 horas. Outro dos axentes tivo que saltar para non correr a mesma sorte. José Luis Garea faleceu no acto. as-labradas O atropelo tivo lugar na zona de As Labradas, na estrada que comunica Carballo con Ordes   O axente, de 50 anos de idade e veciño de Cerceda, atopábase realizando unha proba de alcoholemia cando un segundo vehículo envestiu ao axente. O condutor, que viaxaba nunha furgoneta, foi detido no momento por parte dos outros axentes. Segundo indicou o xefe da Policía Local, Roberto Mosquera, trátase dunha persoa reincidente en casos de condución baixo os efectos do alcohol. Quedou detido á espera da imputación por parte da Garda Civil de Tráfico, que instrúe as dilixencias. Ao parecer, deu positivo no test de alcoholemia cunha tasa de 0,94. Dous días de loito [fbvideo link="https://www.facebook.com/concellodecarballo/videos/667558913455415/" width="500" height="400" onlyvideo="1"] O concello de Carballo decretou dous días de loito oficial polo falecemento en acto de servizo do policía local nun pleno urxente que comezou con dous minutos de silencio na memoria do axente. As bandeiras da casa consistorial ondean a media asta “como testemuña de dor e solidariedade” e os actos organizados directamente polo concello veñen de ser suspendidos. Ás 13:30 horas de hoxe celebrouse a sesión extraordinaria e urxente do pleno da corporación, tras unha reunión previa dos portavoces dos grupos municipais, na que tamén se acordou que por parte do concello de Carballo exerceranse “as medidas xudiciais oportunas para a defensa e honores do policía falecido”. Neste sentido, o alcalde de Carballo - Evencio Ferrero -engadiu que toda a corporación ponse a disposición da Policía Local e da familia do axente “para que a honra e os méritos de José Luis Garea sexan por sempre recoñecidos”. José Luis Garea Vales, veciño de Cerceda, estaba casado e tiña tres fillos. O vindeiro 1 de maio cumpriría 50 anos. Os sete últimos prestou servizo no corpo da Policía Local de Carballo. Fonte

Comentarios