Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Fervenza do Ézaro recibiu a 145.000 visitantes durante este singular verán

Fervenza do Ezaro-Foto-Rafa Quintans
Fervenza do Ézaro-Foto-Rafa Quintáns
A Fervenza do Ézaro recibiu a 145.000 visitantes durante este singular verán

Levamos un par de semanas repasando as cifras de visitantes en puntos estratéxicos da nosa comarca. Cifras que demostran que a Costa da Morte ten salvado un verán especial, gracias ao turismo galego e estatal. recursos como o Camiño dos Faros, o patrimonio vimiancés, o Faro Vilán, ou Dombate deixaron unhas cifras de visitantes realmente espectaculares, mellorando incluso as do ano pasado.

As cifras do Ézaro

Se ben non se poden contabilizar os datos do Cabo Fisterra, o outro gran recurso turístico da comarca é, sen dúbida, a Fervenza do Ézaro. E a verdade é que os números así o ratifican. Ao longo do verán o persoal de control de acceso da pasarela (que estivo todos os días de 9:30 a 21:30) contabilizaron nada menos que 145.000 persoas.
Foron en xuño foron case 15.000, en xullo subiron a 50.000 e en agosto, a pesar do tempo regular, a cifra chegou aos 80.000 visitantes (máis de 2.600 visitantes diarios durante agosto). Mágoa non poder facermos comparacións, porque é o primeiro ano que a recén estreada Pasarela fai a contabilización real.

Evidentemente, menos dun 10% dos que chegan ata aquí paran na Oficina de turismo, debido ao protocolo, horarios… e porque non todos necesitan información (e houbo un aumento de solicitude de información vía telefónica e telemática), pero os datos que nos ofrece Ada González, a Tecnico de Turismo do Concello de Dumbría son tamén interesantes. En xullo foronentraron na Oficina case 4.000 persoas, procedentes fundamentalmente de Madrid, País Vasco e Galicia. En agosto, foron unhas 5.000 persoas, procedentes de Madrid, País Vasco, Castela e León, Galicia e algo de Europa (Portugal, Francia, Reino Unido, Alemaña e Italia).

As claves

Dende o departamento turístico destacan o incremento de vehículos particulares, furgonetas e caravanas, fronte á tendencia de anos anteriores, no que predominaban as excursións en autocares. Peor é que a realidade foi que este ano houbo restricións de acceso de vehículos pesados nas fins de semana.

A todas estas cifras poderían sumarse as visitas durante as sesións de iluminación nocturna que este verán non se desenvolveron para evitar aglomeracións.

Unha das demandas que máis pediron os visitantes na Oficina é a creación dunha páxina web única, unha Central de Reservas, onde poder reservar aloxamento e oferta complementaria na Costa da Morte.

Novas turísticas

Comentarios