Venres. 29.03.2024
El tiempo

Fotografías para reflectir a beleza bergantiñá

Fotografías para reflectir a beleza bergantiñá
A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños vén de convocar a I Edición do Concurso Fotográfico “Comarca Natural de Bergantiños”. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende poñer en valor o territorio, os oficios, a natureza, a etnografía, e o desenvolvemento da bisbarra de Bergantiños. Poderán participar na cita todas as persoas maiores de idade, así como os menores con idade igual ou superior aos 16 anos, pero neste caso, coa correspondente autorización. O prazo para presentar as candidaturas estará aberto ata o 31 de outubro. Para presentalas hai que dirixirse ás oficinas do GDR, en A Camposa (Buño), en horario de 09:00h a 14:00h. En canto aos premios, outorgaranse seis. Tres deles serán na categoría de Fotografía Paisaxística, e outros tres na de Actividades e Oficios. A dotación económica total ascende a 1.400 euros. Tamén entregaranse os diplomas acreditativos. Para máis información, poden dirixirse á web do grupo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios