Galicia berrou contra a invasión eólica

Petón do Lobo non faltou

Unha ducia de colectivos da Costa da Morte participaron esta mañá de domingo na manifestación convocada pola Plataforma Eólicos Así Non en Compostelas. Eran máis de 2015 entidades e milleiros de persoas as que, celebraron o Día do Medio Ambiente nunha xornada de defensa da terra.

A mensaxe que a cidadanía quería trasladar ás forzas políticas é clara: #TemosAlternativa ofrecía o lema pedindo "un modelo enerxético sustentable e xusto”.

Aí estiveron xentes de Carballo, Mazaricos, Santa Comba, Outes, Coristanco, Corcoesto, Bergantiños, Carnota, Laxe… deixando claro que o pobo galego aposta polas "Enerxías renovables si, por suposto, pero non como as queren pór”.

Son 275 megaproxectos eólicos, máis de 50 na nosa comarca, os que ameazan coa súa sombra ducias de zonas protexidas e de alto valor natural do noso país.

o colectivo xalleiro
Galicia encheu o Obradoiro
A ADECOM co seu viravento

NOVAS RELACIONADAS