Xoves. 03.10.2024
El tiempo

A lamentable batalla da Comunidade de Montes do Ézaro coas empresas eólicas... e a Xustiza

Monte Veciñal do Ezaro con valado e eolicos 4
Os viraventos dos Montes do Ézaro. Foto: Juan Louro
A lamentable batalla da Comunidade de Montes do Ézaro coas empresas eólicas... e a Xustiza

Levamos anos escoitando, da man dos veciñ@s da comarca, historias espeluznantes do trato vexatorio, intimidatorio e indignante, co que as empresas eólicas negocian coas familias propietarias dos terreos onde instalan os seus viraventos. Pero non deixan de sorprendernos as prácticas mafiosas, as connivencias coas administracións e mesmo coa xustiza que fan da nosa Galicia un “lugar que parece do século XV”.

Así o denuncian dende a rectora da Comunidade do Monte Veciñal do Ézaro, que levan sufrindo a discriminación das empresas eólicas. A historia completa ten de todo: ameazas, impagos, ocupación de terreo, denuncias…

Todo parte do ano 2000, cando a Comunidade de Montes acorda con Eurovento a instalación, en 2001 dun parque eólico formado por 25 aereoxeneradores nos montes dumbrieses. Uns montes afectados pola Rede Natura, esa calificación de protección ambiental que protexe os nosos montes de todo menos dos eólicos.
Pero dende o primeiro día, a empresa só paga o alugueiro dos terreos de 16 deses viraventos, alegando que teñen comprado unhas 200 hectáreas dese monte.
A veciñanza recolle ao Xulgado para determinar a verdadeira propiedade dos terreos, e en 2008 o Xulgado Provincial dalles á razón. A empresa recorre a sentenza pero o Xulgado Provincial primeiro e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pouco despois (en 2012) determina en firme que a veciñanza é a auténtica propietaria desas 200 hectáreas que acollen os 9 viraventos polos que a empresa non está a pagar o alugueiro.

Polo camiño Acciona absorve a Eurovento, atopándose con que debería abonar á Comunidade uns 300.000 euros (cifras contabilizadas a groso modo tendo en conta o que cobra a entidade polos outros 16 aereoxeneradores ao ano) polo alugueiro deses terreos dende 2001 ata o día de hoxe.
Foi a nova rectora da Comunidade, recén chegada, cando denunciar en 2020 a Acciona para que pague o alugueiro dos terreos.

A reacción da multinacional fala ás claras da actitude das promotoras, e a connivencia das administracións e mesmo da xustiza. Primeiro, a Comunidade atópase con que a Xuíza de Corcubión lles solicita, para dar de alta a demanda, que consigan en apenas 10 días os propietarios de todos os terreos colidantes a esas 200 hectáreas. “Algo que sabe que é imposible de conseguir, polo que tivemos que desistir”, explica Juan Louro, membro da Directiva. Pero ao pouco tempo decidiron volver denunciar, cun procedemento que segue en marcha.

Monte Veciñal do Ezaro con valado e eolicos
O valado de madeira que están instalando os veciños. Foto: Juan Louro

Paralelamente, a Comunidade de Montes nestes 2 anos de pandemia están instalando un valado de madeira (a Rede Natura permite torres de metal de centos de metros pero non permite valados doutro material que non sexa madeira), coa intención de delitimar o seu monte e ir recuperándoo para o uso e disfrute da veciñanza. Xa levan plantadas 9 hectáreas de especies frondosas, nunha clara batalla contra os eucaliptos, e pedindo subvencións para crear sendeiros… “Non nos importa rentabilizar a curto prazo este monte, só queremos que sexa de uso e disfrute da xente”, explican. “Estamos con toda ilusión e nos atopamos que fan o queren co axuda da xustiza ademais… dache unha impotencia, unha rabia, unha frustración tremenda… Parece que estamos no século XV”, lamenta.

Así o sinala Louro, que conta como á raíz da denuncia pola “okupación”, a Comunidade atópase cunha denuncia da empresa para retirar o valado, alegando que afecta ao funcionamento do parque. Sen atender a demasiadas razóns, un xuíz de Corcubión dalles a razón en primeira instancia, compra o discurso de que afecta ao Parque a pesar de que segue en marcha, ante o que a Comunidade presenta recurso.
O procedemento segue en marcha pero a empresa atrévese incluso a pedirlle directamente ao xuíz que se cumpla unha sentenza canto antes malia que aínda non é firme.

”Parécenos alucinante a pataleta colonialista” da empresa, lamentan dende a Comunidade, decicidos a alzar a voz. “Aínda por riba de pagarnos pouco polos nosos terreos” (as cifras da Federación Galega de Comunidade de Montes sinalan que hai un baremo estimado de pago de entre 12.000€ e 6.000€ por eólico ao ano, cun mínimo de 3.000€, e a Comunidade do Ézaro recibe menos dese mínimo), “non queren pagar o que nos deben, e ademais nun acto revanchista nos denuncian en connivencia coa xustiza”, denuncian.

Novas relacionadas

Comentarios