Luns. 15.08.2022
El tiempo

#TemosAlternativa: Unha ducia de entidades participa este domingo na Marcha "Eólicas Así Non"

EOLICA ASI NON
#TemosAlternativa: Unha ducia de entidades participa este domingo na Marcha "Eólicas Así Non"
Das 217 entidades que apoian a Marcha da Coordinadora Eólica Así Non, que se celebra este domingo 5 de xuño en Compostela, varias son da Costa da Morte:
  • Asociación Ambiental Senda Nova.
  • Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.
  • Rede Galega por un Rural Vivo.
  • Asociación en Defensa da Costa da Morte - ADECOM.
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural.
  • Contramínate.
  • Asociación de afectados polo Parque Eólico Outes-Mazaricos – APEOM.
  • Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Colexio Público A Picota - BARCOMA.
  • Asociación Veciñal de Quintáns (Mazaricos).
  • Asociación Veciñal San Cristovo de Corzón.
  • Comunidade Veciñal de Monte en Man Común de Corzón.

A veciñanza de todo o país, co gallo do Día Internacional do Medio Ambiente, saen á rúa para reclamar que é posible outro modelo de ordenación do país, “un modelo enerxético xusto coa sociedade galega e sustentábel co medio ambiente”. “Temos alternativa” é o lema da marcha.

A chave son os máis de 275 proxectos eólicos (medio centenar na nosa bisbarra), coas súas liñas de evacuación, que están actualmente en tramitación na Xunta que, sumados aos proxectos de competencia estatal, xa superan os 300. “Ante tal espolio eólico do territorio galego e a falta de amparo por parte das administracións públicas, máis preocupadas en dar facilidades ás grandes coorporacións depredadoras, non é de extranar que cada vez sexa máis amplo o rexeitamento social da poboación galega ao actual modelo enerxético”.

A saída será ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Compostela e discorrerá polas rúas do casco histórico (Rúa da Senra, Praza de Galiza, Rúa Doutor Teixeiro, Rúa República do Salvador, Rúa do Hórreo, Rúa das Orfas, Cantón do Toural, Rua do Vilar, Rúa Xelmirez, Rúa de Fonseca, Rúa do Franco) con destino de chegada na Praza do Obradoiro.

Ao pé da Catedral de Santiago terá lugar a lectura do manifesto “Temos alternativa!”.

 

Novas relacionadas

comentarios