O GALP Costa da Morte abre unha campaña de axudas para proxectos vinculados co noso mar

O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte vén de abrir o prazo este venres 21 de febreiro de 2025 para as novas axudas destinadas a xente do mar, empresas transformadoras de produtos pesqueiros, hostaleiros, sectores auxiliares á pesca, asociacións do sector pesqueiro, redeiras, e toda persoa física ou empresa que presente proxectos relacionados co mar.
Así saíu publicada no DOG NÚM. 36 a ORDE do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025 (código de procedemento PE155A).
O territorio de actuación do GALP Costa da Morte comprende os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.
Máis información e presentación.
Os promotores disporán ata o 21 de marzo, para a presentación telemática nesta ligazón de solicitude de axuda, co Código de procedemento PE155A.
Para mais información pode poñerse en contacto a través do teléfono 981707378 ou o correo: [email protected], ou na oficina sita no Edificio do Centro Comarcal de Bergantiños, Buño, Malpica de Bergantiños, de luns a venres de 8:30 a 15:00horas.