Venres. 27.11.2020
El tiempo

A apertura da centola provoca o aumento de capturas ilegais

Comiso centola e mexillón no sur de Galicia
Comiso centola e mexillón no sur de Galicia
A apertura da centola provoca o aumento de capturas ilegais

Nova acción contra o furtivismo entre as embarcacións costeiras. O Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron estes días en toda Galicia preto de 1.200 quilos de distintas especies de peixe e marisco, máis de 150 útiles e 800 metros de artes de enmalle en diferentes controis realizados nos últimos días no litoral de Galicia. A maior parte dos comisos foron devoltos ao mar e preto de 1.000 quilos correspondéronse con centola, coincidindo co inicio da campaña de extracción deste recurso, que comezou o pasado 9 de novembro nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Unha das actuacións máis de maior relevancia produciuse no mar, en augas entre Muros e Fisterra, na que os axentes requisaron 56 nasas e 500 metros de artes de enmalle que estaban sen identificar así como 21 quilos de centola, cinco quilos de polbo, dous quilos de lumbrigante e dous quilos de raia.

Ademas, na ría de Muros e Noia os controis permitiron comisar algo máis de 150 quilos de distintas especies e incautarse de 56 nasas e máis de 500 metros de artes de enmalle.

Novas relacionadas

comentarios