O GDR Bergantiños leva 26 proxectos e máis de 3 millóns de euros aprobados no que vai de ano
O pasado mércores 27 de xuño de 2012, reuniuse en sesión ordinaria a Asemblea Xeral da Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños. Unha sesión que serviu para repasar o ano, preparar o ano que vén e dar conta da nova directiva.
Así, a entidade presentou o orzamento da entidade para o 2012, que ascende a 113.255,98 euros, cifra que corresponde, basicamente, cos gastos de funcionamento do programa LEADER e dos proxectos de cooperación nos que participa o GDR para o presente exercicio.
Proxectos aprobados 2012
Ata a data de redacción da memoria (xuño de 2012) rexistráronse un total de 42 solicitudes de axuda rexistradas das que xustamente a metade, 21 teñen xa a Resolución aprobatoria de AGADER e outras 5 están aprobadas polo Grupo (pendentes de Resolución). Estas 26 iniciativas supoñen un investimento total de 3.022.498,09 € e suporán a creación duns 15 postos de traballo e a consolidación de máis de 100 empregos.
Aquí poden comprobar os proxectos aprobados para tomar nota:
Proxectos como Colaborador
En relación coa convocatoria 2011 do MARM para proxectos de cooperación interterritorial no marco da Rede Rural Nacional, o Grupo presentouse como colaborador en seis iniciativas das que resultou aprobada unha por Resolución de data 28 de xullo de 2011.
- “Calidad Agroalimentaria. Señas de Identidad de los territorios rurales”, coordinado polo Grupo AIDESCOM da provincia de Segovia, cuxo obxectivo principal é conseguir por medio do aumento da competitividade das pemes agroalimentarias dos territorios participantes, e da mellora da súa actividade.
- “Nuevos Horizontes”: proxecto para o fomento de sementes tradicionais. En total participan 8 produtores locais de todo o ámbito territorial do Grupo (de Coristanco, de Xornes-Ponteceso, de Cerqueda-Malpica, de Laracha e de Leiloio-Malpica). Ademais de participar na XXXI Festa da Pataca de Coristanco”.
Nova directiva
Despois da aprobación da acta da Asemblea anterior, deuse conta do resultado do proceso electoral realizado o pasado 13 de xuño, coa elección da nova directiva, que se ratifica por unanimidade e que queda constituída do seguinte xeito:
- PRESIDENTE: Evencio Ferrero Rodríguez (Alcalde Concello Carballo)
- VICEPRESIDENTE: Eduardo Parga Veiga (Alcalde Concello Malpica de Bergantiños)
- SECRETARIO: José Manuel López Varela (Alcalde Concello A Laracha)
- TESOUREIRO: José Luis Fondo Aguiar (Alcalde Concello Ponteceso)
- VOGAIS:
- José Muíño Domínguez (Alcalde Concello Cabana de Bergantiños)
- Antonio Pensado Plágaro (Alcalde Concello Coristanco)
- Antonio Carracedo Sacedón (Alcalde Concello Laxe)
- Perfecto Vázquez Lema (Deputado Provincial da Coruña)
- Juan Carlos García Pose (APROCA – Galicia)
- José Luis Vieites Quintáns (Asociación Cultural e de Veciños A Fonte Salgueira)
- Evaristo Lareo Viñas (Confraría de pescadores de Caión)
- Carmen Isabel Labrador Fariña (Asociación Oleira de Buño)
- Joaquín Posse González (Asociación de Turismo Rural e Ocio da Costa da Morte)
- Carmen Teresa Blanco Cancela (Asociación de Mulleres Rurais Atalaia de Malpica)
- Jesús Manuel Villar Antelo (AFABER)
- Isidro Varela Bardanca (AXOBER)
- David Rodríguez Rodríguez (Xuventude do Concello de Laracha)
- Francisco Veres Couto (Sociedade Cooperativa San Martín de Cores)
- Margarita Varela Lema (Asociación Agraria Xóvenes Agricultores de Galicia)
- Luis García Fernández (CPR EFA Fonteboa)
Novas relacionadas
- Os ADLs do país reivindican o seu papel na Costa en tempos de crise.
- Novos representantes sociais para o GDR Bergantiños.
- A exposición Comarca Natural de Bergantiños xa está en Cabana.
- O GDR Bergantiños incrementa as variedades de cultivos na bisbarra.
- Agricultura eco-lóxica.
- Xornadas de Difusión de Proxectos Leader: A Costa da Morte quere innovar.
Fonte
- GDR Bergantiños.