Venres. 19.04.2024
El tiempo

Novos representantes sociais para o GDR Bergantiños

Novos representantes sociais para o GDR Bergantiños

A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños celebrou, na mañá de hoxe, as eleccións de representantes das mesas sectoriais que pasarán a formar parte da Directiva do GDR. Así, as asociacións son as que mandan.

Se ben a a vindeira semana celebrarase, na sede do GDR Bergantiños, unha Xunta Directiva na que se determinarán os cargos que ostentarán cada un dos representantes, estes son os resultados das eleccións:

  • En representación da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, caza e pesca, de veciños e culturais resultaron elixidas as entidades APROCA Galicia e a Asociación cultural e de veciños A Fonte Salgueira, cuxos representantes son Juan Carlos García Pose e José Luis Vieites Quintáns respectivamente.
  • En representación da mesa sectorial de actividades do mar resultou elixida a Confraría de pescadores de Caión, cuxo representante é Evaristo Lareo Viñas.
  • En representación da mesa sectorial do sector de cooperativas agrogandeiras resultou elixida a Sociedade Cooperativa San Martiño de Cores, cuxo representante é Francisco Veres Couto.
  • En representación da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal resultaron elixidas as entidades Asociación Agraria Xóvenes Agricultores de Galicia e Asociación EFA Fonteboa, cuxos representantes son Margarita Varela Lema e Luis García Fernández respectivamente.
  • En representación da mesa sectorial do sector de turismo e hostalería resultou elixida a Asociación de Turismo Rural e Ocio Costa da Morte, cuxo representante é Joaquín Posse González.
  • En representación da mesa sectorial de asociación de mulleres resultou elixida a Asociación de Mulleres Rurais Atalaia de Malpica, cuxa representante é Carmen Teresa Blanco Cancela.
  • En representación da mesa sectorial de asociacións de empresarios multisectoriais e entidades e persoas non contempladas noutros sectores resultaron elixidas as entidades Asociación de Familias de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños, cuxos representantes son Jesús Manuel Villar Antelo e Isidro Varela Bardanca.
  • En representación da mesa sectorial de asociacións xuvenís resultou elixida a entidade Xuventudes do Concello de A Laracha, cuxo representante é David Rodríguez Rodríguez.
  • En representación da mesa sectorial de artesanía continuará a Asociación Oleira de Buño, posto que é a única asociación dentro do sector, cuxa representante é Carmen Isabel Labrador Fariña.
  • En representación do sector institucional continuarán os representantes dos 7 concellos da Comarca de Bergantiños e o representante da Deputación Provincial de A Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

  • GDR Bergantiños.

Comentarios