Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Instituto de Estudos Bergantiñáns organiza unha viaxe á Barbanza

Dolmen de Axeitos-Foto-Werner Allman
Dolmen de Axeitos-Foto-Werner Allman
O Instituto de Estudos Bergantiñáns organiza unha viaxe á Barbanza

O Instituto de Estudos Bergantiñáns ten programado para o vindeiro sábado 13 de abril unha viaxe cultural a Corrubedo e Porto do Son. O autobús (50 prazas) sairá ás 8.30 horas da rúa Gran Vía de Carballo (fronte á praza). Os billetes para participar nesta actividade xa están dispoñibles tanto para socios como para non socios na librería Brañas Verdes (Tno. 981 70 36 41) a un prezo de 35 € (37€ para non socios), nos que se inclúe o transporte, xantar e entrada ao museo
Marea de Porto do Son.

A xornada deste día estará distribuída do seguinte xeito: Pola mañá, visita breve ao dolmen de Axeitos. Logo seguirase ruta cara ao parque do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán para visitar a gran duna móbil, o elemento máis destacado deste espazo natural. A continuación visitarase o
castro marítimo de Baroña, un dos máis singulares de Galicia.
Pola tarde, farase unha visita ao Museo Marea de Porto do Son e a continuación unha ruta urbana polo centro histórico desta vila mariñeira, guiada polo historiador local, Jose Manuel Vázquez Lijó, que tamén fará de guía no museo.

Comentarios