Martes. 08.10.2024
El tiempo

O Instituto de Estudos Bergantiñáns prepara unha viaxe cultura a Fisterra

Instituto Estudos Bergantinans de ruta por Camarinas
Imaxe dunha saída do Instituto Estudos Bergantiñáns no Cabo Vilán
O Instituto de Estudos Bergantiñáns prepara unha viaxe cultura a Fisterra

O Instituto de Estudos Bergantiñáns ten programado para o vindeiro sábado 9 de marzo unha viaxe cultural a Fisterra. O autobús (50 prazas) sairá ás 9 horas da rúa Gran Vía de Carballo (fronte á praza). Os billetes para participar nesta actividade están dispoñibles para os socios a partir do xoves 22 de febreiro (para os non socios o luns 26), na librería Brañas Verdes (Tno. 981 70 36 41) a un prezo de 35 € (37€ para non socios) , nos que se inclúe o transporte e o xantar. 

A xornada deste día estará distribuída do seguinte xeito: 

Pola mañá, visitarase o cabo e o faro Fisterra, onde nos deixará o autobús. Logo baixaremos camiñando cara á vila fisterrá, con paradas no cemiterio deseñado por César Portela e na igrexa parroquial de Santa María das Areas

Pola tarde, visitaremos o Museo de Pesca e faremos unha ruta urbana polo centro histórico desta vila mariñeira, guiada polo poeta local, Alexandre Nerium, que tamén será o guía do museo.  

Comentarios