Xoves. 09.05.2024
El tiempo

O Instituto de Estudos Bergantiñáns programa unha visita patrimonial a Rianxo

CARTEL-DA-VISITA-A-TARAGOÑA-E-RIANXO
O Instituto de Estudos Bergantiñáns programa unha visita patrimonial a Rianxo

O sábado 22 de abril o Instituto de Estudos Bergantiñáns (IEB), ten programado unha viaxe cultural á vila de Rianxo. O programa previsto para ese día consistirá nunha visita aos petróglifos dos Mouchos no lugar de Brión (Leiro, Rianxo), un interesante conxunto de gravados entre os que predominan cervos con grandes cornamentas e
tamén se ven algunhas figuras antropomorfas.
A continuación, realizarase unha camiñada entre Taragoña e Rianxo a través da senda litoral duns 4 km que une estas dúas localidades.
Despois de xantar, levarase a cabo un percorrido urbano pola vila rianxeira coa intención de visitar aqueles lugares máis representativos da súa zona histórica. Unha ruta guiada polo profesor e escritor local Xosé Ricardo Losada Vicente, filósofo e experto na figura e obra de Manuel Antonio.

A saída será ás 8.30 da mañá da rúa Gran Vía de Carballo. Os billetes atópanse á venda na librería Braña Verdes (tno. 981703641) de Carballo a un prezo de 30€ para socios e 32 para non socios e inclúen o transporte e a comida.

Comentarios