xoves. 14.11.2024
El tiempo

Lavandeira califica de traizón a marcha de Verónica Facal de TEGA

Lavandeira califica de traizón a marcha de Verónica Facal de TEGA
Candidatura de TEGA Coristanco en 2015 Foto da Candidatura de TEGA Coristanco en 2015 con Verónica Facal detrás de Amancio Lavandeira veronica-facal Verónica Facal renunciou o pasado luns ao seu cargo de concelleira de Coristanco Despois de que Verónica Facal renunciase ao seu cargo de concelleira en Coristanco, o alcalde - Amancio Lavandeira - vén de emitir un comunicado en nome de Terra Galega co que quere aclarar varios puntos. En primeiro lugar, dende o partido expresan a súa "profunda indignación" polo abandono da súa ex-compañeira e mostranse sorprendidos polas súas explicacións. Por iso aclaran que máis aló das discrepancias "propias dun partido" ela sempre tivo plena autonomía para tomar as decisións e que sempre se lle valoraron positivamente. Por outra parte, TeGa aclara que o seu "rumbo" político camiña cara un concello mellor sendo conscientes de que cambiar un 24 anos de "desgoberno" non ía ser unha tarefa doada nin rápida. "Desde hai un tempo, sabíamos da existencia de certas presións e escuras maniobras para desestabilizar o goberno municipal, pero non esperábamos unha traizón pola súa parte. Pero está claro que ante as adversidades as persoas reaccionan de diferente maneira: hai quen se sobrepón e segue adiante, e hai quen simplemente abandona e busca unha situación máis cómoda e máis axeitada aos seus intereses", sinalan dende Terra Galega no comunicado emitido onte. Así o partido recoñece que "o seu abandono" complica a situación do goberno municipal o que se traduce "nun prexuízo" para os veciños. "Ainda que a súa marcha vaia supoñer un maior esforzo para os restantes membros do goberno, os que de verdade confiamos no proxecto de cambio, tamén vai supoñer pola nosa parte un maior impulso ao noso compromiso cos veciños de Coristanco. Seguiremos adiante co proxecto co que iniciamos a nosa andadura xa hai dez anos, para lograr cada día un concello de Coristanco mellor e máis eficaz", sinalan dende Terra Galega.  

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios