Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Laxe xa non é un Concello Libre de Eólicos

Laxe xa non é un Concello Libre de Eólicos

Construindo o parque eolico de Pena Catasol en Laxe-Foto-Contraminate Construindo o parque eolico de Pena Catasol en Laxe-Foto-Contraminate Pouco importa que Concello e Asociacións se unan para declararse como Territorio Libre de Eólicos, creando ata un Manifesto conxunto. Pouco importa que falemos dun proxecto que afecta a un castelo medieval, entre outros 22 bens patrimoniais, e mesmo invade unha Paisaxe Protexida. Pouco importa que o os veciños leven o rexeitamento ata o Parlamento Europeo. Pouco ou nada importa o sentir das persoas das zonas afectadas, para que a Xunta autorice, ás presas, o Parque Eólico de Catasol II, ao tempo que esquece proxectos tan importantes como a dragaxe do porto laxeiro. Os viraventos xa medran na zona de Soesto, en Laxe, e as xentes da Asociación Ambiental Contramínate, a asociación que máis ten combatido contra o proxecto, quere alzar a voz, coma se de Quixotes se tratasen.

”No son molinos, son gigantes”

Eolicos en Laxe-Foto-Contraminate Panorámica da paisaxe de Laxe cos novos inquilinos-Foto-Contraminate A Asociación Medioambiental Contramínate denuncia os 2 aeroxeneradores que Naturgy (antiga Unión Fenosa) está a instalar no Concello de Laxe, e lembramos que estes aeroxeneradores non teñen aprobadas as liñas de evacuación. A veciñanza de Laxe ten moito que perder ante a presencia destes dous aeroxeneradores que acaban de mudar para sempre a paisaxe e os sonidos do Monte Chan, un lugar que forma parte do conxunto paisaxístico dos Penedos de Pasarela e Traba, e que ademais está catalogado no POL (Plan de ordenación do litoral) como zona de interese dentro dunha área de mellora ambiental e paisaxística. Ao amparo da coñecida Lei de depredación do goberno de Feijóo, nin Naturgy/Unión Fenosa nin a Xunta tiveron en consideración as repetidas alegacións, recursos de alzada e de reposición presentados por parte desta e doutras asociacións bergantiñás solidarias coa nosa causa, como Petón do Lobo e Cova Crea, en 2016, 2017 e 2018. As nosas protestas chegaron mesmo ao Valedor do Pobo e ao Parlamento Europeo. Pero para a Xunta de Galicia, este miniparque eólico era, ao contrario, un emprendimento de utilidade pública. Cabe preguntarse por esa suposta utilidade pública... Porque nós non imos pagar unha factura da luz máis barata, nin a empresa vai ter que tributar polo canon eólico. Denunciamos igualmente a incompetencia do Concello de Laxe, que otorgou os permisos de obra pese ás repetidas reunións que mantivemos con eles e a moción presentada en contra do proxecto. Denunciamos públicamente o despilfarro das nosas administracións á hora de facilitar o transporte de material á empresa, porque diso se trataba cando se modificou a estrada AC-433 de Laxe ao seu paso por Castrelo en dirección da zona onde ían ser instalados os eólicos. E durante os últimos días de 2018 a veciñanza de Laxe puido ver o despregue de medios por terra e por aire postos por parte da Administración para facer chegar a maquinaria ao alto do Monte Chan. E por último, lamentamos o silencio e a indiferencia xerais da nosa veciñanza fronte as charlas, carteis informativos e recollidas de sinaturas dos últimos tres anos.

  • Asociación Ambiental Contramínate.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/denuncian-que-o-parque-eolico-de-laxe-apenas-tera-repercusion-economica-na-comarca-xerando-so-15-postos-de-traballo/ https://quepasanacosta.gal/eolicos-vs-dragaxe-de-laxe-marineiros-vs-union-fenosa

A historia do Parque Eólico de Laxe

Artigos relacionados

Comentarios