Un libro de regalo polo Día do Libro

Este 23 de abril é o Día internacional do Libro. data instituida pola UNESCO en 1995 atendendo á casualidade de que a morte de Miguel de Cervantes se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare. E por iso, varias entidades se preparan para artellar actividades.
Como a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán”, que quere celebrar a data facendo obsequio dun libro a todos aqueles usuario/as que utilicicen o servizo de préstamo a domicilio neste día.
”Libros para sermos libres" da Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña celebra o Día do Libro co programa "Libros para sermos libres”, unha iniciativa da área de Cultura para disfribuir en todo o territorio libros que formaban parte do seu fondo editorial e estaban xa fóra de circulación.
Bibliotecas, mercados, centros de saúde ou escolas son algúns dos espazos escollidos polos concellos que o solicitaron para organizar os actos en que se repartirán volumes do programa "Libros para sermos libres" da Deputación da Coruña co que se conmemora o Día do Libro. En total, serán 6.000 volumes cos que se completan os máis de 19.0000 que se destinaron a esta iniciativa que se desenvolveu ao longo dos tres anos na totalidade de concellos da Coruña.
Estes son os concellos adheridos ao programa que regalarán libros durante o día de hoxe:
- CARBALLO: Puntos Bookcrossing.
- CORISTANCO: De 10 a 13 h. e de 16 a 19 h. na Biblioteca.
- DUMBRIA: Ás 18 h. nas Bibliotecas e ás 11 h. no albergue e nos centros de Saúde.
- FISTERRA: De 10 a 13:30 h. na Feira.
- MALPICA: De 16 a 20 h. na Biblioteca Educardo Blanco Amor.