Venres. 19.04.2024
El tiempo

Por que na Costa da Morte non se protesta polas Preferentes?

Por que na Costa da Morte non se protesta polas Preferentes?

Non, a xente da Costa da Morte non lle gusta saír do armario. Pero afectados ten haber, e moitos, segundo nos afirman as asociacións de consumidores ou algún dos poucos afectados da zona que si queren saír e protestar, como o corcubionés Juan José Cernadas e o seu "Buen Pastor", que de seguro estará presente no primeiro acto público na zona sobre a problemática das Preferentes este xoves en Corcubión.

De feito, o Instituto Galego de Consumo só contabiliza 9 consultas de afectados polas preferentes na Costa da Morte. Falamos tamén con varias das poucas Oficinas de Información ao Consumidor (OMICs) que quedan activas na zona (faremos un decepcionante repaso a este asunto outro día), contabilizamos apenas media ducia de veciños que pasaron a pedir información sobre como presentar unha reclamación. Malpica, Muros, Laxe ou Vimianzo non pasaron de 2 reclamacións, cando se especula que pode haber ducias de afectados en cada concello. De feito, só afectados pola Novagaliciabanco, e polos seus propios datos, hai 43.000 afectados, na súa meirande parte xente maior, e a poboación da Costa da Morte de seguro que foi un branco para as máis de 50 entidades bancarias implicadas, mesmo de Unión Fenosa.

Centos de afectados e moi poucas denuncias

"Hai afectados en calquera rincón de Galicia", apúntannos dende Asociación de Usuarios de Caixas, Bancos e Seguros ADICAE, a asociación de consumidores que máis se está movendo polos afectados, que de feito, nos constataron que recibiron centos de visitas de afectados da nosa zona. Iso si, expedientes reais e xa postos en marcha apenas hai unha ducia: Muros (2 persoas), Carnota (2), Corcubión (4), Laxe (1), Malpica (1) e Ponteceso (1).

"Moitos aínda non saben todavía que facer, a ónde ir, e como reclamar os seus dereitos", explícanos Eugenia Mariño, da propia ADICAE.

Vergonza por ser estafado?

I é que parece que na Costa da Morte nos costa saír á rúa a protestar. A día de hoxe, xa poden ser centos de afectados e non se escoitou o primeiro eco, a primeira mobilización, a primeira nova nos xornais....

"Polo que levamos visto, hai xente que lle dá vergoña porque pensa que o enganaron. Hai outra que non sae porque a xente segue confiando en que o banco o vai solucionar, porque son os seus banqueiros de toda a vida e non cren que os poidan deixar así. Ademais hai xente que por non embarcarse por unha vía xudicial, e poñer os cartos por diante, decide non presentar denuncias". Estas son as impresións que teñen os responsables de ADICAE tras tratar con ducias de afectados que conseguiron dar o paso de falar e protestar. "A xente ten que dar o primeiro paso en reclamar", entende.

"Eu teño prazo fixo"

Ese medo a recoñerse estafado publicamente únese á confusión, e ao feito que aínda hai xente que está convencida que ten un prazo fixo. De feito, os produtos (estas chamadas "Participacións Preferentes") poden vencer en breve, pois vendéronse ata o 2009 e normalmente eran por e ou 5 anos. "Agora aínda hai xente que vai ir intentar cobrar os seus intereses do suposto "prazo fixo" que mercou hai uns anos e se vao topar co problema", apúntannos.

"Foi o meu compañeiro"

O propio Juan Cernadas contábanos a súa historia co "Buen Pastor". Afectado polo Banco idem asegura que alomenos hai 15 familias máis en Corcubión que están na mesma situación. Sen embargo apenas se escoitan as protestas. O propio Cernadas foi a oficina corcubionesa e viuse embarcado nunha situación esperpéntica: "o Director da urbana botáballe a culpa ao novo becario e o novo becario dicía que non tiña potestade para vender eses produtos... Botábanse a culpa entre eles pero a nós non nos resolvían nada".

Que facer?

A través das OMICs pódense enviar as queixas ao Institutlo Galego de Consumo, pero cómpre sempre interpoñer antes unha reclamación no banco, e se non contestan nun prazo indicado, aí é cando se poden tramitar as denuncias. Con todo, estas accións illadas poucas veces obteñen resposta e parece máis efectivo unirse algunha demanda colectiva, o acción civil, como a que está desenvolvendo a ADICAE.

De feito, a propia Eugenia Mariño nos explica o que están a facer dende a entidade: "Adicae está facendo é agrupar aos afectados, porque cremos na solución colectiva. En Galicia estamos falando de 43.000 afectados de participacións preferentes só de Novagalicia Banco, pero hai que pensar que 52 entidades financeiras colocaron participacións preferentes e outros produtos tóxicos (obrigas subordinadas, cédulas hipotecarias,..), e non só iso, senón que tamén as emitiron outras empresas como Audasa (autopistas), Telefónica, Repsol, Unión Fenosa, Fagor, Eroski,..."
"Estamos facendo as reclamacións por vía extraxudicial (reclamación ao servizo de Atención ao Cliente da Entidade e posteriormente, a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). E hai unha demanda aberta para todo aquel que queira sumarse, pero intentaremos chegar a unha resposta extraxudicial. No mes de maio, Adicae puso unha demanda de conciliación contra varias entidades financeiras, entre as que se se atopaba Novagalicia Banco, para chegar a un acordo, sen ter que ir a esa vía xudicial, pero a entidade non quiso negociar. Ademais, Adicae tamén está en contacto coa Fiscalía, a que lle enviou tódolos expedientes que tiñamos na delegación para que investigaran e veran a posiblidade de poñer unha demanda colectiva. Ademais, intentamos que os afectados se unan en comités para preparar diversas movilizacións e presionar na rúa para a recuperación total dos seus cartos."

Así, quen queira pasar a informarse nesta entidade pode facelo en Santiago e Vigo (luns ás 18.30 e os xoves ás 12.00) e en A Coruña (mércores ás 12.00 e os venres ás 17.30).

Charla informativa

Así e todo, tamén ómpre facer acodir aos actos. E o primeiro acto público sobre o asunto na Costa da Morte terá lugar este xoves 28 de xuño ás 20:30h na Casa da Cultura de Corcubión. Un acto organizado polo BNG de Corcubión e da Costa da Morte, que reflexionará sobre a necesidade dunha Banca Pública Galega e para falar sobre o escándalo das "PREFERENTES". Intervirá o deputado Carlos Aymerich e se agarda un arduo debate.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios