Venres. 04.10.2024
El tiempo

Máis de 200 persoas participan nas xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova

Máis de 200 persoas participan nas xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova
Mais de 40 persoas participaron no dia da arbore organizado por Senda Nova Máis de 40 persoas participaron no día da Árbore organizado por Senda Nova A asociación ecoloxista Senda Nova púxolle o punto final ás xornadas de Interpretación dos Bosques nas que participaron veciños e veciñas da Costa da Morte de todas as idades. A celebración do día da Árbore - o pasado 20 de marzo - foi a actividade que pechou estas xornadas que se levan facendo dende fai uns dez anos. Máis de 40 persoas achegáronse ata a contorna do Rego da Balsa de Carballo para repoboar a zona con especies autóctonas, tales como carballos, acivros, salgueiros,... Outra das actividades de sensibilización que se realizou dentro das xornadas de Intepretación dos Bosques foi a proxección de tres documentais - cedidos polo CEIDA - cos que os espectadores se achegaron ás diferentes poblemáticas que sofren bosques autóctonos de diferentes partes do mundo coa posta en común das ameazas que está a sufrir o bosque galego. E a terceira actividade enmarcada dentro das xornadas de Intepretación dos Bosques foron os roteiros polos distintos bosques autóctonos que aínda se conservan na Costa da Morte (a Ribeira da Pena e a contorna do río Bardoso-Berbia). En total, máis de 200 persoas tomaron conciencia sobre o valor do bosque autóctono grazas á súa participación nas xornadas de Interpretación dos Bosques que se desenvolveron durante os pasados meses de inverno. Esta cita dálle paso ás andainas da 7ª Primavera en Ruta  que se presentan esta tarde, ás 20 horas, no local social de Sísamo-Carballo.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios