Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Máis de 300 persoas descobren a riqueza ambiental e cultural das corredoiras con Senda Nova

Máis de 300 persoas descobren a riqueza ambiental e cultural das corredoiras con Senda Nova
Oito roteiros compuxeron a setima edicion da Primavera en Ruta de Senda Nova Oito roteiros compuxeron a sétima edición da "Primavera en Ruta" de Senda Nova Senda Nova fai balance da xa rematada sétima edición da "Primavera en Ruta". E o resultado non pode ser máis satisfactorio. A través dos oito roteiros que compuxeron a campaña e nos que participaron máis de 300 persoas de distintos puntos da Costa da Morte, conseguiron poñer en valor a riqueza natural e cultural que agochan as corredoiras da bisbarra e, por ende, incrementar o compromiso co respecto á natureza entre os participantes. Ainda así, dende a organización ecoloxista son conscientes de que é necesario ampliar a mentalidade da sociedadepara protexer estas vías antigas do abandono físico e sentimental. Os participantes descubriron o patrimonio ambiental e paisaxistico que se esconde nas corredoiras da Costa da Morte Os participantes descubriron o patrimonio ambiental e paisaxístico que esconden corredoiras da Costa da Morte A través deste programa, os participantes percorreron máis de 150 quilómetros de corredoiras de distintos concellos da Costa da Morte. As marxes de ríos como o Anllóns, o de Sofán o Chonia cautivaron aos sendeiristas cos seus peculiares sons e coa gran riqueza natural que levan ao seu paso. Tamén houbo roteiros que os adentraron no interior da bisbarra como o Coristanco histórico, as terras altas de Soneira ou a ruta das Mámoas. Ademais do percorrido físico, os máis de 300 participantes da Primavera en Ruta descubriron a historia, a gran cantidade de especies autóctonas que viven nas corredoiras e, como non, as pegadas ambientais que deixa a man do home. Premio Bergantiñán do Ano 2015 [fbvideo link="https://www.facebook.com/senda.nova/videos/1612644322360397/" width="500" height="400" onlyvideo="1"] Por outra banda, Senda Nova vén de recibir o premio Bergantiñán do Ano 2015 da man do Padroado Fogar de Bergantiños. O galardón recolleuno o presidente da entidade - José Manuel Menéndez - nun acto que se celebrou recentemente no concello de Carballo.    Novas relacionadas Fonte  

Comentarios