Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Mar de Fábula continúa co traballo de limpeza de praias

Mar de Fábula continúa co traballo de limpeza de praias
A limpeza centrarase no refugallo plastico miudo presente nas distintas linas das mareas A limpeza centrarase no refugallo plástico miúdo presente nas distintas liñas das mareas A praia das Salseiras de Caión será a próxima parada dos membros da asociación ecoloxista Mar de Fábula - e todos aqueles voluntarios que se queiran sumar - co fin de retirar o refugallo plástico ao longo das diferentes liñas da marea. A limpeza da praia das Salseiras de Caión será o vindeiro domingo - 15 de maio - ás 11 horas e contarán co sorporte loxístico que achega o concello da Laracha. "En primeiro lugar e o máis rechamante, serán os bastonciños de algodón que, polos efectos combinados da climatoloxía e as correntes mariñas, deposítanse por centenares, unha e outra vez, nas area desta praia", sinalan dende Mar de Fábula. Outro contaminante característico desta enseada, son os anaquiños de plástico multicor en todas as súas fases de degradación, chegando a tamaños tan pequenos coma os microplásticos dos pellets de resina, presentes tamén de maneira masiva, mesturados entre os argazos. Será pois, unha limpeza en detalle e con paciencia , diferente a outras e tendo a oportunidade de reflexionar sobre a procedencia de toda esta "miuda fauna plástica" que está a envelenar o mar. Os bastoncinos de algodon e os microplasticos contaminan os areais Os bastoncinos de algodon e os microplasticos contaminan os areais   Novas relacionadas Fonte 

Comentarios