Mar de Fábula e RetoqueRetro expoñen no CEIDA a mostra "Cos Pés na Area"
08:10 29/06/16
O castelo de Santa Cruz acolle durante o mes de xullo a mostra "Cos Pés na Terra"
Centos de refugallos das praias da Costa da Morte serán os protagonistas da exposición "Cos Pés na Area" organizada conxuntamente por Mar de Fábula e o colectivo RetoqueRetro e que se inaugura o vindeiro venres, ás 20:30 horas, na sala de exposicións do CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - situado no castelo de Santa Cruz (Oleiros).
Segundo indican os comisarios, a exposición é unha proposta de diálogo a tres bandas entre un mar que reclama a atención da sociedade actual devolvéndolle arreo aquelo que non é seu, e dous colectivos artísticos diferentes e ao tempo complementarios que, respondendo á súa chamada, integran nas súas obras, nunha íntima e paciente tarefa, as crebas e o lixo mariño que retiran da ribeira.
O equipo artístico de RetoqueRetro, seguindo a ancestral tradición galega de recoller tesouros procedentes de naufraxios e lugares lonxanos que o mar deposita nas praias, fan das crebas a sua peza estrela. Madeiras preesculpidas polas mareas e a intemperie e que eles rematan dándolles a forma que lles suxiren: barcos e peixes, faros e sereas, bosques e dragóns, seres mitolóxicos, zooides e humanoides...
E pola súa banda, Mar de Fábula fai do lixo mariño o alicerce da súa obra: animais fantásticos de todas as formas e tamaños, con vísceras circulares e grandes ollos abraiados. Peixes, vermes, libeliñas, arañas e formigas, criaturas caóticas, mounstruosas pero inofensivas, xurdindo dos fondos abisais e sumidas no desconcerto porque saben que, en circunstancias normais, non deberan de existir porque todas elas teñen os seus corpos de plástico.
Concienciación ambiental
Esta exposición é tamén unha proposta conxunta de concienciación ambiental e fonte de inspiración que debera levar aos visitantes a un necesario replantexamento de relacións entre a sociedade actual e o mar. Toda a obra incorpora os residuos que o mar nos devolve con maior intensidade: O lixo - principalmente os plásticos - procedentes da desontrolada actividade humana.
A exposición pódese ver de luns a venres, en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas, e os sábados de 11 a 14 horas.
Novas relacionadas
- Mar de Fábula continúa co traballo de limpeza de praias
- A ensenada do Coído de Touriñan relucirá de novo, agora si, grazas a Mar de Fábula
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])
- Mar de Fábula