Mar e ecoloxismo déronse a man na manifestación de Santiago
 
              
    21:54 21/01/24 
            Milleiros de persoas (calculan unhas 15.000) ateigaron, a pesar da chuvia, as rúas de Compostela ata o Obradoiro, este domingo 21 de xaneiro na manifestación En Defensa do Noso Mar, convocada por máis de 100 colectivos de mariñeiros, mariscadores e ecoloxistas, que se uniron ante a crise medioambiental provocada polos microplásticos e a inacción da Xunta.
 
       
       
             
             
             
             
         
           
          