Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Mar de Fábula, entre outras 73 entidades, esixe ao goberno estatal a implatación do Sistema de Depósito, Devolución e Retorno dos envases de bebidas

maquina de reciclaje de plastico-Foto-mundolata
Máquina de reciclaxe de envases plásticos no País Vasco-Foto-Mundolata
Mar de Fábula, entre outras 73 entidades, esixe ao goberno estatal a implatación do Sistema de Depósito, Devolución e Retorno dos envases de bebidas

Hoxe, 14 de decembro, cúmprese un ano dende que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou unha resolución para proclamar o 30 de marzo como o Día Internacional de Cero Residuos. Aproveitando o aniversario, 74 entidades de todo o territorio estatal, incluídas algunhas galegas como Mar de Fábula ou Verdegaia, enviarán este manifesto no que solicitan ao novo Goberno que cumpra ca Lei de Residuos, aprobada pola maioría do Congreso dos Deputados en abril do ano 2022 e impulse o antes posible, o Sistema de Depósito, Devolución e Retorno (SDDR), para envases de bebidas reutilizables e de un só uso en España.

Manifesto: “Pola reutilización e devolución dos envases de bebidas a tendas e supermercados”

En abril de 2022, a maioría do Congreso dos Deputados aprobou a Lei de Residuos, que inclúe obxectivos de prevención, recollida selectiva, reciclaxe e reutilización e debe permitirnos devolver as latas, botellas e cartóns de auga, cervexas, zumes e refrescos aos supermercados para evitar que todos os días en España se seguen a perder 35 millóns de envases de bebidas.

Ademais, meses despois, o Real Decreto de Envases de decembro de 2022 confirmou os obxectivos de prevención, marcou a folla de ruta para a chegada do Sistema de Depósitos e Devolucións e marcou obxectivos reutilización concreta de envases en hoteis, restaurantes e cafeterías (30% para auga, 80% para cervexas, 60% para refrescos e 20% para outras bebidas en 2025), así como para a canle nacional (10% do volume posto no mercado en 2030).

Se se cumpre a Lei, despois de anos de atraso pola presión de determinados sectores, en breve poderemos ver a implantación dun Sistema de Depósito como o que xa funciona en moitos países europeos e espérase que se implante en 15 estados máis nos próximos dous anos. Con esta práctica conséguese reutilizar ou converter máis do 90% destes envases en novos latas, botellas ou brikcs de bebidas.

A pesar das evidencias presentadas por entidades sociais e ambientais, expertos e polas administracións públicas sobre a falta de eficiencia e transparencia na xestión actual de residuos de envases, polo momento, nin as comunidades autónomas nin o goberno estatal están a dar os pasos necesario para despregar as medidas recollidas na Lei e no Real Decreto de Envases, que nos permitiría o uso de envases reutilizables e a devolución de latas, botellas e briks á tenda en 2026.

O novo Goberno non pode deixar esta Lei esquecida nun caixón. Debe cumprir as disposicións: promover a reutilización, fomentar a implantación dun Sistema de Depósito, Devolución e Retorno y no permitir que se bloquee a súa chegada. Esta é a única forma de garantir que os produtores, os supermercados e os xestores de contedores de recollida de envases asumen o 100% da responsabilidade con todas as súas latas de bebidas, botellas e bricks, garantindo que sexan totalmente reutilizadas ou recicladas e que millóns deixen de ser enterrados, queimados ou perdidos todos os días, como está a suceder agora.

Ademais, estas medidas permitirán aplicar a normativa europea e evitaranse as sancións por incumprimento que acaban repercutindo nos impostos que paga a cidadanía.

Canto tempo máis imos permitir que os envases de bebidas sigan danando todos os ecosistemas, os recursos naturais que nos rodean, especialmente os mariños, seriamente ameazados? Canto máis tempo vaise mirar para outro lado mentres danan a nosa saúde? Canto máis imos a subvencionar un modelo económico lineal centrado en usar, tirar e eliminar?

As organizacións e persoalidades que asinan este manifesto defenden a filosofía de residuos cero, baseado na prevención de residuos, o consumo consciente, o dereito á reparación, o uso de envases reutilizables, reciclaxe de calidade ou xestión eficiente da materia orgánica, entre outras medidas.

Como primeiro paso, pedimos ao Executivo que vele polo cumprimento dos obxectivos de reutilización para envases de bebidas e priorizar a implantación da devolución de envases ao comercio como paradigma dunha economía circular limpa que xere emprego verde e promova unha sociedade máis sostible e xusta na que se protexa a saúde das persoas e do resto das especies.

  • Manifesto asinado por 70 entidades de todo o estado, entre as que está Mar de Fábula.

Máis novas

Comentarios