Marcos Rodríguez volve á Final do Concurso de Fotógrafo Europeo do Ano 2020

Xa leva tres títulos europeos (2017, 2018 e 2019), e mesmo ten unha medalla de prata a nivel Mundial. Pero o fotógrafo Marcos Rodríguez segue aspirando a máis. Coa súa humildade habitual pensa que este ano non cae outro premio (algo que repite edición tras edición), pero para sabelo teremos que estar pendente da entrega dos Premios ao Mellor Fotógrafo Europeo do ano 2020 que a Federación Europea de Fotógrafos organiza o vindeiro 22 de marzo en Roma.
Alí, na prestixiosa gala internacional, estará o carballés como un dos 10 finalistas na categoría de Reportaxe Gráfico. Xa é todo un premio para el, pois ademais apenas son 5 os fotógrafos españoles que estarán na final. Xunto a el estarán o tamén galego Alfonso Novo, o malagueño Jesús Jiménez (ambos na mesma categoría), así como o granadino Faustino Maldonado e o madrileño Carlos Santana (na categoría de Voda).
O concurso, con máis de 2000 fotografías presentadas de todas partes do continente, é valorado vía online durante varias semanas, por 20 xuíces de prestixio internacional.
NOVAS RELACIONADAS
- Novembro 19: Marcos Rodríguez faise cun novo premio, o Lux Oro da APFE.
- Marzo 2019: Marcos Rodríguez repite, por terceiro ano, como Fotógrafo Europeo do ano en categoría de Reportaxe
- Novembro 18: Marcos Rodríguez segue sumando recoñecementos: X Premio Principado de Asturias de Fotografía en Libre Creación.
- Marzo 18: Marcos Rodríguez revalida o título de Fotógrafo Europeo do Ano.
- Febreiro 18:Marcos Rodríguez volve á final da “Eurocopa” de fotografía.
- Outubro 17: Marcos Rodríguez xa é todo un Maestro Fotógrafo.
- Abril 17: MR: A Cámara de Ouro da fotografía europea é costeira.
- Marzo 17: A Federación Española de Fotógrafos concédelle dous novos recoñecementos a Marcos Rodríguez.
- Outubro 16: Marcos Rodríguez, “Fotografo Distinguido” e doble “Fotógrafo do ano” pola FEPFI.
- Febrero 16: MR, no Top Ten dos Fotógrafos Europeos.
- Decembro 15: “Repetir a medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía antóxase difícil, pero soñar é gratis”.
- Abril 15: “Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”.