Mariñeiros de baixura da Ría de Corcubion critican que os cerqueiros arrasan cos seus aparellos
07:50 17/10/22
Mariñeiros da Ría de Corcubion (Cofradías do Pindo, Corcubión e Fisterra) expresan o seu profundo malestar e indignación que están a sufrir pola acción indiscriminada dos barcos do cerco que están a traballar na zona. Segundo denuncian, son varios os cerqueiros de Camariñas ou da zona da Barbanza que están largando aparello moi preto da costa, en profundidades de menos de 10 metros, o que provoca ”innumerables perdidas e dedtrozos nos aparellos das embarcacións de pesca artesanal”.
”Cortan as nasas, pican as boias e non aparece nada. Vas para traballar e non encontras nada. E ademais nin avisan”, sinalan varios mariñeiros, fartos de lamentarse polas radios que queren que a situación se coñeza.