Martes. 11.08.2020
El tiempo

Os Mercados e Feiras terán que esperar

  • ÚLTIMA HORA:este domingo 10 de maio si haberá feira en Carballo, unha vez solventadas as diferencias de criterio entre as Administracións central e autonómica, sempre coas debidas condicións de seguridade por parte de vendedores e compradores.

 

Mercadillo-dominical-en-Cee-Foto-Juandelux
Mercadillo-dominical-en-Cee-Foto-Juandelux
Os Mercados e Feiras terán que esperar

Xa tiñan en Carballo preparado o Mercado Municipal dos xoves, seguindo as directrices establecidas pola Xunta de Galicia. Pero o Goberno Central bota por terra a autorización autonómica, e dende a Subdelegación do Goberno vén de comunicar aos Concellos a prohibición de celebrar feiras e mercados.

De feito, varios medios se adiantaron publicando informacións erróenas dando a entender que este domingo podería haber Mercado dominical en Cee ou que esta semana reabriría o de Vimianzo. As súas alcaldesas xa nos confirmaron que non, que a Subdelegación non permite montar ningún posto en fase 0, se ben están estudando a volta “con cautela”.

A FEGAMP debulla a norma e destaca que só está permitida a venda de produtos perecedeiros agroalimentarios e de plantóns hortícolas para cultivas nas hortas de consumidores finais, cando os vendedores terán que ser os titulares da explotación agraria con actividade inscrita na sección de venda directa (Sevedi) no Rexistro de plantacións agrarias de Galicia no apartado de venta directa. Unha realidade que moi poucos postos cumpren, se ben hai vendedores ambulantes que manteñen unha certa actividade.

Mercados en Corentena FEGAMP

Novas relacionadas

 

comentarios