Martes. 19.03.2024
El tiempo

Mirando pola Terra: Crear “masa crítica” para saír do “malo será”

 Participantes no Foro Mirando pola Terra
Participantes no Foro Mirando pola Terra
Mirando pola Terra: Crear “masa crítica” para saír do “malo será”

Arrincou este pasado luns o programa “Mirando pola Terra”. A primeira edición deste foro promovido por Pepe Formoso no Hotel Bela Fisterra, xuntou 9 profesionais da comarca para facer unha reflexión sobre os problemas e posibles solucións aos problemas estruturais da Costa da Morte.

Unha tertulia que que serviu para afondar na idea do empoderamento social para esixir a mellora das nosas infraestruturas. Soli Sánchez falou da necesidade de crear unha “masa crítica” na sociedade costeira, para ir saíndonos do “malo será”, como destacou Ricardo García Mira.

Soli e Ricardo foron dous dos 9 ponentes deste relatorio, que tamén destacou a importancia de “crear un sentimento de comunidade sen renunciar á identidade propia”, así como a importancia da educación desde idades temperás en valores de coidado e promoción da riqueza natural e cultural.

Porque a beleza e a riqueza natural da Costa da Morte foi destacada por todos os relatores. Jorge Mira mencionón o clima e os recursos enerxéticos, facendo fincapé en “os poucos beneficios que estes factores reportan para a comarca”. Realmente, a economía da zona vira actualmente ao redor dunha actividade: o turismo. Este é un dos maiores problemas identificados, xa que “o sistema non pode sosterse sobre unha actividade que depende tanto do contexto”, como destacou Paco Blanco. En cambio, Ángel Carracedo avoga por “atraer a xente de fóra para que veña a vivir aquí, aproveitando o auxe do teletraballo, e así xerar moitísimos más beneficios en diferentes ámbitos”. Nese sentido, o doutor Blanco puxo como exemplo o papel como dinamizador económico do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, xa que “o aumento de servizos públicos repercute de maneira directa na xeneración de empregó”.

Co obxectivo de dar a volta á paradigma turístico imposto na Costa da Morte e sacarlle un maior proveito, Antón Pombo propuxo seis medidas: “ecoturismo, fomento dos emprendedores e pequenos propietarios, declaración de parques naturais, potenciación dos recursos, cambio na concepción do Camiño de Santiago e promoción de actuacións artísticas relacionadas coa natureza”. Para iniciar o cambio necesítase a iniciativa e a vontade social. A súa ausencia é un dos principais motivos do estancamento da comarca.

Ricardo García Mira utilizou o término “indefensión aprendida, que consiste no conformismo da xente que, subxectivamente, pensa que non é capaz de facer nada”.

O tema central do faladoiro foi o futuro da Costa da Morte, que como recordaron pasa por “fuxir dos localismos, e crear un sentimento de unión e colaboración”. Antón Pombo propón mesmo reducir o número de concellos, moi illados entre sé en moitos casos. Relacionado con isto estaría a creación dun organismo común para tentar chegar a instancias más altas e dar visibilidade ao territorio.

Sobre o feísmo arquitectónico, un dos problemas más singulares tanto da Costa da Morte como de Galicia en xeral, Antón Castro afirmón que “existe unha disociación entre a natureza e a arquitectura. Os plans de ordenación urbanística na Costa da Morte foron cánceres, unha destrución irreversible. Hai solucións, como as intervencións artísticas, pero deben ser extensibles a todos os municipios coa colaboración entre o política e a cultura”.

Más allá da política, tamén é relevante vender o produto que temos. Damián Álvarez, habituado a viaxar por todo o mundo polo seu profesión de modelo, afirma que esta é unha das zonas más ricas e que peor actúa nivel de mercadotecnia. Nesta mesma línea, David Castiñeira destacou “a necesidade de revalorizar algúns recursos que poderían ter más proxección, como os faros”.

Novas relacionadas

Comentarios