Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mirando pola Terra: Un foro por e para a Costa da Morte

Foro Mirando pola Terra pola Costa da Morte
Mirando pola Terra: Un foro por e para a Costa da Morte

O vindeiro 3 de agosto, o Hotel Bela Fisterra convertirase nun punto de encontro da Costa da Morte. O foro “Mirando pola Terra”, promovido polo empresario e xornalista Pepe Formoso, unirá nun mesmo fío case unha ducia de personalidades que teñen como nexo a Costa da Morte. Falar do desenvolvemento, da posta en valor da nosa comarca é o propósito deste debate que buscará unha continuidade nos próximos anos.

Este foro permitirá facer un enriquecedor intercambio de opinións e perspectivas diverxentes para realizar unha análise completa e contrastada sobre as vantaxes e desvantaxes que ten este territorio en diferentes ámbitos e dimensións e, a partir de aí, unha autorreflexión dos participantes para ver en que poderían axudar á Costa dende a súa exitosa posición.

Os protagonistas

Os once convidados que participarán nesta reunión serán Juan Carlos Riveiro, enxeñeiro de telecomunicacións; Yaiza Canosa, CEO de tres empresas de éxito e seleccionada na lista 30 under 30 da revista Forbes; Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal e experto en xenética; Damián Álvarez, modelo internacional; Antón Pombo, historiador, doutor en Historia e investigador especialista no Camiño de Santiago; Ricardo García, expolítico e deputado por A Coruña no Congreso durante as XI e XII lexislaturas; Antón Castro, historiador e crítico de arte; Jorge Mira, físico e catedrático de Electromagnetismo; Francisco Blanco, doutor especialista en reumatoloxía e director científico do INIBIC; David Castiñeira, líder tecnolóxico no Quantum Reservoir Impact Group; e Isolina Sánchez, licenciada en Ciencias Políticas e directora da firma de sostibilidade Environmental Resources Management, entre moitos outros proxectos de protección e desenvolvemento medioambiental.

Xosé Teiga, graduado en Belas Artes e gañador de numerosos premios nacionais e internacionais de gráfica publicitaria, será o responsable de branding e deseño.

Comentarios