Movilización en Carballo para solicitar a xornada única no CEIP Bergantiños
15:10 11/06/15
Son agora os pais e nais dos rapaces CEIP Bergantiños os que se movilizan co fin de conseguir a xornada única para o centro.
Ao longo da mañá de hoxe repartiron instancias entre os titores legais dos rapaces no piden que se implante a xornada única de cara aos vindeiros cursos académicos xa que, segundo aseguran, "o horario que temos actualmente fai practicamente imposible conciliar actividades fóra do colexio ao non dispor das tardes do martes e xoves". Por este motivo, consideran que os seus rapaces sofren unha discriminación no referente aos horarios con respecto a outros centros da bisbarra.
No vindeiro curso escolar 2015/2016 serán varios os centros educativos da Costa da Morte os que estrenen a xornada única. Será o caso, como por exemplo, do Labarta Pose de Baio.