luns. 04.05.2026
El tiempo

2ª FUTGAL: O Xallas acariña o título mentres a loita por abaixo segue fervendo

Porteno e Baio no Platas Reinoso_Foto-parker
Imaxe do Porteño e o Baio saltando ao Platas Reinoso. Foto-Parker
2ª FUTGAL: O Xallas acariña o título mentres a loita por abaixo segue fervendo

Vanse clarexando as cousas por arriba e por abaixo a falta de 2 xornadas para o final. Parece que o Xallas non falla por arriba, e deu un paso de xigante para afianzar o título e o ascenso ao vencer ao Outes. O San Lorenzo no fallou en Verdillo, e queda a 2 puntos, pero ambos teñen un calendario no que non poden fallar. O Xallas viaxa ao Corcubión e recibe ao Zas; e o SanLo viaxa ao Cunchido e recibe precisamente ao Corcubión, que poderá ser xuíz e parte desta Liga da Costa.

Na loita pola segunda praza de promoción pegou un salto coa apretada vitoria do Baio ao Porteño. Os baieses teñen dous duelos por diante ante equipos sen nada en xogo (Cabana e Malpica) para evtar a remontada do Porteño.

Por abaixo, e pensando en escapar das 5 últimas prazas (2 de descenso directo e 3 de posibles arrastres, que ollo, un ou dous poderían salvarse se os equipos que vaian á promoción de ascenso a1ª, conseguen ascender), a pelexa segue moi aberta. Corcubión e Ponteceso deron dous pasos fundamentais tras vencer dous duelos directos con Soneira e Monte Louro, e se colocan con 37 puntos. O Muros foi o outro beneficiado da xornada ao vencer ao Corme (cormeláns quedan con 37 e Muros con 35, empatado co Soneira compartindo agora mesmo esaa 5ª praza por abaixo). Con 34 queda o Sofán B tras perder en casa ante o Zas e meterse no fango. O Monte Louro necesita puntuar para escapar, polo menos dos postos de descenso directo, mentres o Mazaricos está virtualmente descendido.

Mazaricos - Cabana (1-3)

  • Goles: 0-1, m.14: David Rey nun saque de esquina; 0-2, m.28: David Rey de penalti; 1-2, m.47 Borja; 1-3, m.75: Brais Fontenla tras xogada con Migueliño.

Era a última bala do Mazaricos e pelexouna ata o final o cadro de Raúl Periscal. Comezaban os amarelos tendo máis balón, e tendo algunha ocasión, pero eran os de Óscar Mingui os que se adiantaban na primeira metade con dous tantos de David Rey.

Na segunda comezou moi ben o Mazaricos, recurtou e tivo ata 3 ocasións para poder empatar. Pero non entraron e nunha boa acción de Migueliño e Brais os cabaneses pechan o partido, tendo aínda un pau de Xabi Parga.

Soneira - Corcubión (1-2)

  • Goles: 0-1, m.11: Rama aproveita un rexeite tras internada e tiro de Luís; 0-2, m.30: Martín recolle un despexe do porteiro no medio campo e o clava por arriba; 1-2, m.32: Vía.

Bonito partido no Irmandiño, cun Soneira buscando sempre levar o mando e combinar, fronte a un Corcubión armado atrás e buscando as contras. O cadro de Josiño Abelenda combinaba e creaba superioridades polo carril dereito, tendo varias ocasións nos primeiros minutos. Pero nun roubo, Luís saíu como unha bala, chutaba, paraba Dono pero o rexeite er pescado por Rama para abrir o marcador. O Soneira mantivo a proposta, e seguiu insistindo, movendo o balón moi ben, e creando algunha ocasión ante un Corcubión moi ben armado, que esperaba as súas opcións. E aproveitou a outra que tivo o equipo de Ángel e Isi, cando Martín caza no medio campo un mal despexe nunha saída de Dono, e lle cola o balón por arriba.

Tampouco se veu abaixo o cadro local e moi pronto recurtou distancias tras unha boa acción atacando o espazo ás costas da defensa rival. Ata o descanso, o equipo dispuxo de varias ocasións claras para empatar, pero faltou acerto nos metros finais.

Seguía o mesmo guión na segunda, co Soneira mandando pero algo máis precipitado, sen tanta claridade, pero pouco a pouco foi envorcando o campo cara a meta visitante, tendo ocasións como dúas veces nas que a defensa sacou dous balóns debaixo dos paos. Á contra tamén tiveron os visitantes opcións de sentenciar, pero o marcador non se movería.

Xallas - Outes (2-0)

Xallas CF case campion da Liga da Costa
11 do Xallas CF 
  • Goles: 1-0, m.18: Macareno a centro de Rubén Blanco; 2-0, m.47: Doro de cabeza.

Pelexou ben o Outes, defendendo ben. Saía o Xallas coas liñas moi arriba, roubando moi arriba, e sacando transicións rápidas como a do primeiro gol. O Outes tamén tivo boas ocasións na primeira metade.

Saía forte o Xallas na segunda, marcando moi pronto, ante un Outes que ía sufrindo a cara máis fea do deporte. Malas novas no equipo de Geno, que sufriu tres lesións de xeonllo, Hugo, Caamaño e Keko (este con mala pinta, tendo que ir a Santiago).

Baio - Porteño (2-1)

11 do CD Baio ante o Porteño-Foto.CD
11 do CD Baio ante o Porteño-Foto.CD
11 do Porteno CF en Baio-Foto-Parker
11 do Porteño CF en Baio-Foto-Parker
  • Goles: 1-0, m.3: MC de penalti por penalti de Mariolo a Víctor; 1-1, m.65: Yuyo a pase de Alan tras un erro de Norberto; 2-1, m.97: Chechi.
Capis do Porteno e Baio co trio arbitral.Foto-Parker
Capis do Porteño e Baio co trio arbitral.Foto-Parker

Dúas lecturas completamente diferentes as vividas nun dos partidos máis importantes da temporada. Os da Ponte considera que o trío arbitral estivo mal nas dúas xogadas decisivas, mentres por Baio entenden que as decisións foron xustas.

Sobre o céspede, o partido arrincaba cunha desas xogadas polémicas, cun penalti de Mariolo sobre Víctor, moi protestado polos da Ponte, que transformaba MC.

Dominaba o Porteño, con máis poesión, ante un Baio ben armado atrás, que sacaba algunha transsición con Mamadou, José Angel… Tamén Baba tiña unha ocasión nunha primeira metade na que o Porteño colgaba faltas e saques de banda á área de Rodri, que defendía ben a súa meta por arriba.

Antes do tempo de lecer, os de Mayor tiñan a ocasión do empate, pero Baba errou o lanzamento do penalti, saíndo o balón moi rozando o pau, cando o meta baiés estaba batido.

Seguía o mesmo guión na segunda, co balón xogándose no campo do Baio, pero co cadro baiés defendendo ben e saíndo con certo pertigo. Nun erro chegaba o gol Yuyo ao cuarto de hora.

Aí, o que arrisca algo máis é o Baio, ao que non lle vale o empate pola vitoria na ida dos da Ponte na ida. E o partido volveuse tolo. Protestaron tamén os da Ponte unha posible segundo cartón a Norberto cando se deixa caer nunha xogada, e unha posible falta sobre Baba dentro da área, pero tamén os baieses pediron unha pena máxima no desconto por unha posible man de Pejo tras un balón que Chechi centraba atrás de cabeza nunha xogada con varios rexeites.

O partido estaba roto, de arriba para abaixo, e nunha desas, xa no descontísimo, un rexeite de Mariolo tras un tiro do Baio, cáelle a Chechi que marca o gol da vitoria, un gol que vale unha promoción.

Ponteceso - Monte Louro (2-0)

  • Goles: 1-0, m.20: Martín Puente de penalti; 2-0, m.81: Neira.

Chegaban ambos equipos con urxencias dunha victoria que os salve o descenso, pero foi o Ponteceso o que logrou doblegar ao Monte Louro na súa casa. O partido comezaba cun Ponteceso dominador e un Louro agazapado, saíndo de vez en cando con velocidade con Héctor, quen non lograba concretar cun disparo raso despois dunha gran cabalgada. O Ponteceso lograría adiantarse primeiro: despois dun rebote que lle cae a Mendieta dentro da área, o defensa loureán comete un penalti moi protestado que sería executado brillantemente polo especialista Puente. O partido non cambiaría moito o rumbo, cos locais tratando de cerralo partido sen éxito mentres os visitantes intentábano sen demasiada clarividencia, deixando inevitablemente espazos atrás.

Sería nese momento cando a segunda unidade do Ponteceso faría mella: nada máis entrar de revulsivo, Neira tivo un man a man a pase de Lema que se foi fóra por centímetros; pero dez minutos despois, un balón en largo deixa de novo aos mesmos protagonistas, deixando Lema o balón a placer para que Neira marcase un gol (casi fai unha parada antolóxica o gardameta) que achega ao Ponteceso a salvación e afunde ao Louro ante as vitorias do Muros e do Corcubión.

Sofán B - Zas (0-1)

Sofan B-Zas-Foto-Sp 3
Sofan B-Zas-Foto-Sp
  • Gol: 0-1, m.60: Juan Touriñán a pase de Redondo.

A salvación pasaba por gañar e foi o Zas, o que peor o ten, o que salvou a primeira das finais. E iso que foi unha gran primeira metade dos de Zalo, que dominou e tivo 5-6 ocasións de gol, Dani Calvete, Dani Rod. e Joel como grandes protagonistas, pero non estivo acertado, e se atopou cun gran Pereiras. O gardameta zasense, moi seguro durante todo o encontro, volveu ser decisivo nun tramo de liga no que está a soste-lo equipo con intervencións de moito mérito.

Sofan B-Zas-DFoto-Sp
Sofán B-Zas-Foto-Sp

Na segunda, cambiou o contexto, cun cadro de Rubén Forján e Pereiro empurrando máis, aínda que Joel volvía avisar para os locais. E nese momento de maior control chegou unha boa asistencia de Redondo que atopou a cabeza de Juan, que anotou o 0-1. Un gol que sentou como un auténtico xerro de auga fría, un mazazo para un Sofán que non se deu reposto, e que confirmou a mellor versión do Zas na segunda parte.

A partir dese tanto, o encontro entrou nun tramo máis de disputa, con máis xogo aéreo e máis imprecisións, propio da tensión e do desgaste. O Sofán tentou responder, sobre todo unha acción de Adrián Vázquez, pero o marcador xa non se movería.
Vitoria de enorme valor para o Sporting Zas, que suma tres puntos e mantén a clasificación comprimida ao máximo nunha das loitas pola permanencia máis caras que se lembran na Liga da Costa, onde cada detalle e cada partido están a decidir o destino de moitos equipos.
Sofan B-Zas-Foto-Sp 2
Sofan B-Zas-Foto-Sp.

San Lorenzo - Malpica (3-1)

  • Goles: 1-0, m.44: en propia; 2-0, m.45+3: Javi Pérez; 2-1, m.60: Saydou; 3-1, m.82: Diego Varela.

Un San Lorenzo asinou un bo partido nas Pedreiras, impoñéndose ao Malpica por 3-1 nun encontro no que dominou a posesión ante un serio Malpica, que ten a cabeza máis pendente da final da Copa da Costa. Os de Verdillo levaron o peso do partido dende o comezo, xerando ocasións, sobre todo ao comezo, pero atopándose con Suso e controlando o ritmo. O partido igualouse pero rompeuse xusto antes do descando, cando un centro lateral de Javi Pérez acabou nun gol en propia porta, abrindo o marcador. E de seguido, xa no engadido da primeira metade, Pape, tras unha boa contra, asistiu a Javi Pérez para facer o 2-0 e deixar o partido moi ben encarrilado.

Na segunda metade, o Malpica saíu decidido a recurtar distancias e conseguiuno desde o punto de penalti. Os de David Baña apretaban pero os de Iván Rojo non perderon a calma, e aguantaban ata que no minuto 82, Diego sentenciou o partido co 3-1 definitivo, culminando unha gran xogada de Pape, que está a amosar un excelente nivel neste tramo final de liga.

Muros - Corme (1-0)

O CD Muros con Xaco que foi operado do xeonllo
O CD Muros con Xaco que foi operado do xeonllo
  • Gol: 1-0, m.40: Fran.

Partido de alta tensión no Eleuterio Balayo co descenso en xogo, unha final para o Muros e un partido no que o Corme podería asinar a súa permanencia.
O Corme intentaba ter a pelota buscando a calidade dos seus xogadores de arriba, ante un Muros que intentaba contrarrestar ca velocidade dos seus xogadores de arriba. Non había demasiadas ocasións, pero nunha desas chegadas ao fío do descanso Xavi logo dunha gran acción por banda cede a Fran que, no borde do área tira para conseguir o 1-0.

Os de Ángel non comprendían como podían estar por debaixo no marcador tras probar en varias ocasións a Aitor, o mellor sobre o campo. Na área cormelá Quique salvou o segundo xa no desconto nun penalti de Javi, pero os de Joaquín Quintáns asinaron unha vitoria que os coloca con moitas opcións de safar da queima dos arrastres.

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis información<

Comentarios