Falece un neno de 8 anos ao caer dende un edificio en Fisterra
18:37 04/05/26
Esta tarde faleceu un neno de 8 anos en Fisterra ao caer dende unha altura duns 10-15 metros. O suceso acontecía ás 17:15h cando o neno se precipitaba dende unha das ventás do Centro de Menores da vila, caendo enriba dun coche que estaba estacionado na zona da praia da Ribeira.
De contado o 112 mobilizaba a Urxencias Médicas, Protección Civil, Policía Local, chegando incluso a aterrizar o Helicóptero medicalizado con base en Santiago. Pero finalmente os medios só puideron certificar a súa morte.