Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As mulleres no centro da ciencia

Mulleres Ciencia depita
As mulleres no centro da ciencia

Maite Vence, Isa Loureiro, Paula Otero Sánchez, María de la Fuente Freire, Elena Lendoiro Belío, Vanessa Valdiglesias García, Zulema Varela Río… Estas serán as protagonistas das IV Xornadas A Luz da Ciencia. ‘Pensamento científico e xénero’ que organiza a Deputación da Coruña. Tralas tres primeiras celebradas arredor de Dombate, a Deputación quere facer esta nova “mirada á realidade da práctica profesional das mulleres científicas” dende o Pazo de Mariñán e o Muncyt da Coruña.

As datas serán estes 13, 14 e 15 de xaneiro facendo unha análise, dende o punto de vista do xénero, da ciencia nas aulas, a realidade laboral e teito de cristal, e o enfoque na comunicación científica.

Hai unha sesión dedicada a divulgación científica na que participarán Paula Otero, que ademais de ser ela mesma investigadora predoutoral na USC, puxo en marcha o portal ‘Ciencia e tal’ e unha iniciativa na plataforma Twitch que realiza xunto co seu compañeiro Iván Varela; e 'CiMUS Podcast', un programa de entrevistas a investigadores do centro no que, cando é posible, tamén colaboran asociacións de pacientes. Na mesma sesión, tamén participará a xornalista científica, Maite Vence, fundadora e directora de OBSERVER® ScienceTourism, a primeira certificación en Turismo Científico a nivel internacional baseada na promoción, xestión e planificación de destinos turísticos vinculados á ciencia.

Inscrición

A asistencia ás xornadas é de balde, mais será preciso realizar inscrición previa a través deste formulario.

As sesións tamén serán retransmitidas en streaming a través da canle de YouTube da Deputación.

Novas relacionadas

Comentarios