martes. 21.07.2026
El tiempo

As Carrilanas, a gran festa da música galega contemporánea e moito máis

The Rapants nas Carrilanas Esteiro-Foto-Javier Iglesias
The Rapants no Festival Carrilanas Esteiro-Foto-Javier Iglesias
As Carrilanas, a gran festa da música galega contemporánea e moito máis

Pasou a finde do 18-19 de xullo, e con ela unha das grandes cita da música galega contemporánea. Pero é que as Carrilanas de Esteiro son iso, e moito máis. O festival gratuito de música galega máis importante de Galicia compaxínase coa baixada de carrilanas máis auténtica do país, a da costa do Maio. “Pola tarde carrilanas, e pola noite música”, podería cantar 9Louro ou XiánPais ao máis puro estilo Bud Bunny.

Tras un par de anos de incómodas leas xudiciais (aínda por determinar) que provocou a cancelación da edición de 2025, as Carrilanas volvía neste 2026 coa súa 36ª edición, tan fermosa coma sempre.

A Costa da Maio, de novo ateigada

Carrilanas Esteiro-Carreiras rapidas-Foto-Nacho Carballeira final
Final da Carreira rápida -Foto-Nacho Carballeira

Ateigada estivo durante toda a finde a costa do Maio. As Carrilanas xa son un tesouro patrimonial da vila muradá, e así se vive en Esteiro, con xentes de todas as idades participando destas fermosas carreiras. Dende as carreiras de crianzas, pasando polas divertidas carreiras lentas de demostración e goce, ata as vertixionosas carreiras rápidas, nas que as carrilanas percorren os 2,5 km de percorrido en apenas 2-3 minutos.

Carrilanas Esteiro-Carreiras rapidas de nenos-Foto-Nacho Carballeira
Carrilanas de crianzas-Foto-Nacho Carballeira
Carrilanas Esteiro-Carreiras rapidas final-Foto-Nacho Carballeira
Final da carreira rápida-Foto-Nacho Carballeira

Un festival auténtico

Alberto Romero e 9Louro nas Carrilanas Esteiro-Foto-Javier Iglesias
Alberto Romero e 9Louro nas Carrilanas Esteiro-Foto-Javier Iglesias

14 bandas do país demostraron que a nosa música e a nosa lingua está máis viva que nunca, aínda que as estatísticas digan o contrario.

A participación de grandes lendas como Treixadura, compaxinouse con bandas xa asentadas no panorama nacional como Baiuca, De Ninghures ou Familia Caamagno. Pero os principais reclamos foron, como non da casa. Os 9Louro, Xián Pais e como non, The Rapants, convertiron o escenario esteirán nun inmellorable escaparate do que pode dar de si a música muradá.

Familia Caamagno nas Carrilanas Esteiro-Foto-Javier Iglesias
Familia Caamagno nas Carrilanas Esteiro-Foto-Javier Iglesias

Máis novas

Comentarios