Nova mañá de incidencias nas estradas
Ao igual que as pasadas xornadas, as baixas temperaturas que rondan os 0º en moitos puntos, están provocando numerosas incidencias nas estradas da comarca. As placas de xeo nas estradas fan que dende as Agrupacións de Protección Civil recomenden máxima precaución ao volante.
Unha circunstancia que afecta directamente ao servizo de ambulancias do 061, pois xa perderon a conta dos accidentes rexistrados nestes días, e mesmo houbo algunhas que sufriron accidentes.
Así por exemplo na estrada de Lires (Cee) hoxe sucedíanse varias saídas.
Por Santa Comba hoxe circúlase algo mellor que estes días pasados, e apenas se rexistraron unha saída de vía na estrada de Vilamaior a Val do Dubra, e un camión con problemas nalgunhas costas.
Carballo
Os servizos de emerxencias atenderon hoxe máis de 100 avisos de incidencias provocadas polo xeo.
Un dos puntos máis conflitivos foi a estrada de Ordes, onde o tráfico estivo interrompido durante máis de tres horas, e tamén houbo moitos problemas en Bértoa. En zonas como A Milagrosa, onde sa se espallou sal de madrugada, a foi preciso repetir a operación horas despois, xa que coas choivas das 07.00 horas desapareceu por completo. Protección Civil contabilizou 32 accidentes de tráfico e houbo moitísimas caídas de viandantes, que en varios casos precisaron atención médica.
Na AG-55 tamén houbo varias saídas de vía, entre os km.27 e 28, entre eles tres camións, dous articulados, pero afortunadamente sen feridos.
Dous dos accidentes da AG-55
❄⚠ Moita precaución á hora de circular polas estradas! As condicións meteorolóxicas e o frío fan que o firme estea esbaradizo.
— Concello Camariñas (@CCamarinas) January 7, 2021
‼ Esta mañá rexistrouse un incidente na estrada que vai desde Ponte do Porto ata Camelle, que se saldou cunha persoa ferida.#ConcellodeCamariñas pic.twitter.com/q9dHqduxYV