Venres. 29.03.2024
El tiempo

As xeadas provocan numerosas incidencias nas estradas

Incidencias nas estradas da comarca
Incidencias nas estradas da comarca
As xeadas provocan numerosas incidencias nas estradas

As baixas temperaturas están provocando numerosas incidencias nas estradas da comarca. As zonas de montaña de Mazaricos ou Dumbría rexistran esta noite e esta mañá temperaturas por debaixo dos 0º, tendo mesmo ás 10:00h aínda os termómetros a -4º. “Non recordo temperatura tan baixa aquí dende que tiña 8-10 anos”, coméntanos Plácido Trillo dende a súa casa de Santa Uxía.

Por Santa Comba, por exemplo, alertan da presencia de numerosas placas de xeo na estrada que une a capital xalleira con Coristanco altura de Hospital e Padreiro, como nas beirarruas do casco urbanos. Protección Civil está metendo sal por todas partes.

Así, durante esta mañá as xeadas están provocando numerosos incidentes. A meirande parte situacións leves, pero tamén algún accidente serio, como o acontecido na AC-550, cerca do lugar de Bustelo, Concello de Dumbría. O condutor do vehículo que sufría unha saída de vía era trasladado polo 061 Urxencias Sanitarias de Galicia ao HVdX, nun operativo onde tiveron que acodir a Agrupación de Tráfico de la Guardia Civil e os ADC Bombeiros Costa da Morte.

Accidente en Bustelo
Accidente en Bustelo

Accidente en Vilaseco

Na mañá do día 5, as placas de xeo tamén provocaban un accidente en Vilaseco, Berdoias, Tratouse dun accidente de tráfico con feridos motivado polas placas de xeo formadas polas baixas temperaturas, acabando o vehíuculo na cuneta e tendo que ser trasladado un ocupante ao hospital Virxe da Xunqueira.

Accidente en Vilaseco

Incidencias en Santa Comba

Por Santa Comba os voluntarios de Protección Civil teñen traballo abondo.

incidencias santa comba

Rescate fallido

Os propios Bombeiros de Cee tiveron que ir no día de onte, luns, pasadas as 11:30 da mañá, ata o lugar de Buxán, tras alertar varios veciños de que nunha vivenda non se vían movementos nos últimos días. Dada a urxencia confirmada pola Garda Civil, oOs Bombeiros conseguiron erguer unha persiana o suficiente para romper o cristal e acceder á vivenda. Despois de revisar todas as dependencias, non atoparon ninguén, e foi cunha chamada ao hospital de Cee como confirmaron que unha ambulancia levara á muller durante esa mesma mañá.

Comentarios