venres. 08.11.2024
El tiempo

Novas varandas contra accidentes de moto na AC-552

Novas varandas contra accidentes de moto na AC-552

Está en obras a AC-552, mentres cada día nótanse máis e máis as obras da Autovía. Pero as obras das que falamos inclúen a colocación dun sistema de contención para a protección de motoristas e ciclistas na Costa da Morte, con doble varanda, que evita os problemas tan criticados dende as Plataformas "antiguardarraíles".

Así, da man da Deputación, e no marco do Plan de Conservación de Vías Provinciais 2011, as obras están en marcha. As actuacións consisten, por unha banda, na colocación dun sistema de contención baseado en barreiras metálicas deseñadas para a protección de motoristas e ciclistas na Costa da Morte e nas comarcas de Ferrol e A Coruña. O obxectivo deste investimento é limitar os danos e lesións producidos nos accidentes de tráfico.

Os arranxos das estradas da comarca dá Costa da Morte ascenden a 48.586,32 euros e corresponden ás vías: DP 3404 Serra de Outes a Dumbría; DP 1601 Ponte do Porto a Camelle; DP 4501 A Picota a San Xulián de Beba; DP 4502 Braña do Cotro a Chacín; DP 2801 Corcubión a San Roque por Redonda; DP 1105 Noia a Boiro; DP 3301 Rianxo a Bexo por Isorna; DP 1602 Ponte do Porto a Camelle a Arou; DP 4001 Baio a Laxe; DP 5201 Muxía a Touriñán pola Costa; a DP 4304 Cerqueda a Estrada de Buño a Laxe; e na 7302 Outeiro a Cruzamento do Vilar.

Ademais, na estrada entre Carballo e Portomouro, ao seu paso polos municipios de Tordota e Val do Dubra, a Deputación da Coruña investirá 343.842,24 euros na mellora do firme dos 29 quilómetros da estrada DP1914.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Deputación.

Comentarios