Novo accidente mortal na costa do Carrizal
11:16 02/07/18
Segue a ser un dos puntos negros da Costa da Morte. A costa do Carrizal, en Coristanco, volveu ser testemuño dun novo accidente mortal. Corrían ás 7:00h deste luns 2 de xullo, cando un turismo envorcaba provocando a morte do condutor e único ocupante. Trátase dun rapaz de 27 anos, veciño de Agualada (Coristanco) de 27 anos de idade.
O vehículo, un Audi A3 negro, sufría unha saída de vía no km.41,600 da AC-552, pola marxe esquerda, e colisionaba contra unha tajea, provocando o envorco.
O 112 alertaba decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Carballo, Protección Civil, GES de Ponteceso e á Garda Civil de Tráfico. Os Bombeiros de Carballo tiveron que excarcerar a vítima, tras quedar atrapada no interior do vehículo.