Mércores. 13.11.2019
El tiempo

O 20% dos buses de Carballo entrarán no centro da Coruña a partir do 26 de febreiro

O 20% dos buses de Carballo entrarán no centro da Coruña a partir do 26 de febreiro
Situación provisional previa á implantación do plan Situación provisional previa á implantación do plan

Dende 2014 leva pedindo Carballo que os buses cheguen ata o centro da Coruña. Daquela pedíao tamén para a cidade de Santiago, pero parece que a cousa vai máis a modiño, porque a partir de este 26 de febreiro, varios buses de Arriva procedentes de Carballo poderán entrar ata o centro da vila herculina.

Será a posta en marcha da 2ª fase do Plan de acceso do transporte interurbano ao centro da Coruña, coa entrada dos buses de Carballo, ademais dos de Arteixo, Culleredo, Laracha, Oleiros, Cambre, Curtis, Abegondo e Oza-Cesuras.

De Carballo, entrarán no centro 20 liñas, o que supón o 19% das viaxes ata a cidade. A entrada será por dúas rúas: O Corredor Oeste pola Ronda de Outeiro e pola Avenida de Finisterre. A parada final será en Entrexardíns, entre os xardíns de Méndez Núñez e Wenceslao Fdez. Flores.

Durante o proceso de implantación ambas liñas baixarán pola Ronda de Outeiro, con parada preto da estación de Autobuses, na Palloza, en Linares Rivas, para voltar pola Praza de Pontevedra e Juan Florez.

Pero unha vez en marcha será a seguinte:

Paradas de bus dende Carballo na Coruna

Novas relacionadas

Comentarios