O 70% da pobación da Costa da Morte concéntrase núcleos de entre 2000 e 5000 habitantes
08:15 20/04/16
A maior parte das parroquias da Costa da Morte teñen un dos indices mais baixos de edificacion
O último estudo sobre o grado de urganización realizado polo IGE - Instituto Galego de Estatística - reflicte unha realidade que se percibe día a día na Costa da Morte: o abandono das aldeas. O envellecemento da poboación - onde os maiores de 85 anos superan aos menores de 4 anos - e a escaseza de nacementos son as principais causas da crise demográfica que vive na Costa da Morte; a pesar de que durante o 2015 o hospital Virxe da Xunqueira bateu marcas no número de partos dende a súa existencia.
Segundo o último estudo sobre o grao de urbanización das parroquias do IGE, máis do 70% da poboación da Costa da Morte concéntranse en núcleos de entre 2000 e 5ooo habitantes. O que o IGE vén a denominar como "Zonas Pouco Poboadas (ZPP) baixa"; xa que o conxunto ten 2000 habitantes ou máis e menos de 5000 habitantes. Destacan concellos como o de Zas, por exemplo, no que todas as súas parroquias - 16 en total - teñen un grao de edificación baixo. No mesmo caso atópanse os municipios de Camariñas, Carnota, Dumbría, Mazaricos e Muxía.
Algo similar acontece no de Santa Comba, onde tan son 3 das súas 17 parroquias se clasifican como "Zonas Poucos Poboadas" de subgrao medio. Os concellos de Cee (A Ameixenda, Brens, Toba) e Corcubión (Redonda) son os únicos da zona de Fisterra que teñen algunha parroquia dentro desta categoría, mentras que en Soneira non hai ningunha.
A parroquia de San Xoan de Carballo é a única da Costa da Morte clasificada como "Zona Intermedia (ZIP) alta" por contrar cunha densidade poboacional superior aos 100 habitantes/km2. Síguena as parroquias de Berdillo, Bertoa, Goiáns e Sísamo con unhas das zonas con maior grao de urbanización das terras bergantiñanas.
¿Que é o grado de urbanización?
O grao de urbanización é unha variable nuclear definida por Eurostat e referida aos territorios, que os clasifica en tres categorías segundo o seu carácter urbano ou rural: zonas densamente poboadas (ZDP), zonas intermedias (ZIP) e zonas pouco poboadas (ZPP) (Eurostat, 2007).
A clasificación nas tres zonas establecidas por Eurostat é bastante grosa no caso galego e non permite diferenciar núcleos importantes de poboación con certo grao de urbanización. Por este motivo, o IGE no ano 2011 desenvolveu unha subclasificación en sete subcategorías para as parroquias a partir da definición de Eurostat (IGE, 2011).
Galicia é unha zona pouco poboada
As parroquias pouco poboadas, según a definición do IGE, son as que máis abundan na comunidade galega
O grao de urbanización en Galicia clasifica en ZPP á maior parte do seu territorio - tal e como se pode ver no mapa -. Como xa se fixo na clasificación GU 2011, desagréganse as categorías ZIP e ZPP en ZIP alta e baixa e en ZPP alta, media e baixa, respectivamente, para discriminar as diferentes formas de asentamento poboacional no territorio. O enfoque seguido na determinación do subgrao de urbanización é similar ao empregado no caso do grao de urbanización.
Novas relacionadas
- A poboación da Costa da Morte maior de 85 anos supera á infantil
- Aumenta o número de partos no hospital Virxe da Xunqueira
- Redacción QPC ([email protected])
- IGE