Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG da Costa da Morte comeza a campaña do 20N

O BNG da Costa da Morte comeza a campaña do 20N

En marcha a Campaña 20N. Este domingo pasado, varios militantes do BNG da Costa da Morte, repartiron na feira de Cee o boletin electoral do que se editaron máis de 300.000 exemplares para toda Galicia. No reparto, estiveron destacados membros do nacionalismo da comarca, coma concelleiros e responsables locais, ademáis do candidato ao congreso, Oscar Insua Lema. Ao longo destes días, teñen previsto repartilo por todas as localidades da bisbarra.

“Imos estar preto da xente para contarlle de ti a ti cales son as propostas do BNG ante o panorama que temos diante. A nosa alternativa pasa por unha reforma fiscal xusta, pola supresión das Deputacións e dos ministerios que invaden competencias autonómicas, a transformación de NCG bank nunha banca pública galega, o recorte dos gastos militares, a defensa dos sectores produtivos de Galiza, e a defensa dos dereitos das traballadoras e dos traballadores” declarou o candidato e responsable comarcal nacionalista.

Oscar Insua tamén quixo destacar que “O BNG é o cambio real frente ao continuismo de PP e PSOE. O PP ofrece cambio, aínda que máis ben é un recambio, porque as galegas e os galegos levamos padecendo ese “cambio” do PP desde hai 2 anos e medio, que significa máis paro, máis emigración, máis débeda e significa tamén o escándalo do espolio do aforro galego".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG comarcal.

Comentarios