Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG da Costa da Morte renóvase

O BNG da Costa da Morte renóvase
Serxio Dominguez, concelleiro en Cee, continúa como responsable do BNG Costa da Morte Serxio Domínguez, concelleiro en Cee, continúa como responsable do BNG Costa da Morte Unha das principais novidades da asamblea comarcal do BNG celebrada a semana pasada é a creación da área de pesca que liderará Xan Carlos Sar, tenente de alcade de Fisterra e membro do novo consello nacional. Nove mulleres e home forman parte do novo consello comarcal no que Serxio Domínguez Louro, concelleiro en Cee, seguirá ao fronte da organización na bisbarra. Carlos Fernández Concheiro, concelleiro en Muxía, actuará en carácter de vicerresponsábel e a eles uniranse os responsables de cada unha das localidades da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios