Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG de Coristanco lamenta “un goberno sen proxecto nin iniciativas” tras un pleno de 15 minutos

O BNG de Coristanco lamenta “un goberno sen proxecto nin iniciativas” tras un pleno de 15 minutos

Tiña lugar esta semana o pleno do mes de xullo en Coristanco. Un pleno de apenas 15 minutos no que non houbo ningún tipo de proposta por parte do grupo que segue gobernando en solitario, TEGA. Así o entende a concelleira do BNG Laura Mariño, unha das que deixaba o tripartito, lamentando que “o goberno municipal dá unha nova mostra da súa falta de proxecto”.

”Son moitos xa os plenos nos que o grupo de goberno non leva absolutamente ningunha proposta ou actuación, nin tampouco nas resolucións de alcaldía se aprecia movemento e actividade”, sinala.

Desta volta, ata a oposición púxose “en folga” e non presentou ningún rogo nin pregunta, “deixando en evidencia a un goberno que é incapaz de levar nin unha soa proposta, dando por rematadas as sesións plenárias ao pouco de comenzar”.

Non entende a edil que “o goberno non está sendo capaz nin tan sequera de executar obras xa aprobadas e subvencionadas por outras entidades (só da Deputación da Deputación da Coruña, hai pendentes de executar 1,3 millóns de euros)”. Tampouco se explica a estas alturas, “como o servizo de limpeza das instalacións públicas leva parado desde febreiro, cos graves prexuízos que isto está ocasionando, sobre todo, nos centros de ensino”.

Así, non acepta o “papel de vítima que está tomando o alcalde tentando de culpar aos demais da parálise na que se atopa o concello. Desde o BNG sempre fomos conscientes de que a situación na que quedou o Concello despois de 24 anos de goberno do Partido Popular era nefasta, por iso sempre estivemos e estaremos dispostos ao diálogo polo ben da veciñanza, pero non podemos calar ante a falta de xestión e propostas por parte de quen se supón que é o Alcalde deste Concello”.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios