Mércores. 20.10.2021
El tiempo

O Concello de Santa Comba aposta polo traballo conxunto dos tres Obradoiros de Emprego

O Concello de Santa Comba aposta polo traballo conxunto dos tres Obradoiros de Emprego
Visita da alcaldesa, María Pose, a un dos obradoiros de emprego   A alcaldesa do Concello de Santa Comba, María Pose, reuniuse este martes co equipo directivo dos tres obradoiros de emprego nos que participa o Concello para coordinar as actuacións a levar a cabo polos mesmos. Acompañada pola directora do Obradoiro Xallas-Barcala-Dubra IV, Susana Manteca, o docente da especialidade de operacións auxiliares de revestimento e polo responsable de obras, visitaron o Centro de Formación Escola Obradoiro onde se van a concentrar os traballos desta especialidade, así como os da especialidade de montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión. Neste centro, actualmente teñen a súa sede o Obradoiro de Emprego Conecta2018, do que forman parte os concellos de Mazaricos e Dumbría, e o Obradoiro Xuvenil Xallas-Barcala-Dubra V dos concellos de Santa Comba, Negreira, Val do Dubra e a Baña e nel están situadas as aulas de electricidade e de actividades forestais. Despois, xa na Casa do Pozo, a alcaldesa incidiu na importancia de continuar co traballo de promoción turística no Concello de Santa Comba propoñendo varias ideas para acadar un maior desenvolvemento turístico do mesmo. Nestes tres obradoiros fórmanse un total de 56 alumnos e alumnas en 5 especialidades formativas co obxectivo final de acadar a súa posterior inserción no mercado laboral.

comentarios