Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O EFA Fonteboa acolle un obradoiro de técnicas de loita contra a vespa velutina

O EFA Fonteboa acolle un obradoiro de técnicas de loita contra a vespa velutina
O EFA Fonteboa de Coristanco acolle hoxe e o vindeiro mércores, día 29, un obradoiro de técnicas de loita contra a vespa velutina dirixido por Lolo Andrade. Hoxe a xornada comeza as 18:30 horas e prolongarase ata as 21 horas. Abordarase a bioloxía e o desenvolvemento deste insecto, as distintas técnicas para a captura, método para anular na abellariza a vespa velutina e a preparación de trampas e velenos. O obradoiro continuará o vindeiro mércores no mesmo horario. Os interesados en participar ainda están a tempo de anotarse a través do número de teléfono 981 733 051 (Xosé Lois Pintor). A inscrición ten un custe de 50€ e de 40€ para socios da asociación EFA Fonteboa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios