O EFA Fonteboa lanza un novedoso concurso de vídeos por un leite galego

10:13 30/03/11

Galego, que non galega. I é que xa o di o título do Concurso: “Somos o que bebemos: Leite de Galicia”.
O activo Centro de Formanción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco, vén de artellar un novedoso concurso para elixir os vídeos máis orixinais. Non cabe dúbida de que os mozos e mozas do rural teñen moito que dicir. Por eso, queren promover este concurso de vídeos para que a xuventude galega transmita dunha maneira actual a súa visión do sector lácteo galego.
Condicións do vídeo
- Temática: Somos o que bebemos: Leite de Galicia é o título que engloba a temática deste concurso, transmitir unha imaxe atractiva deste sector. Os vídeos, polo tanto, deberán tratar sobre os seguintes temas:
- Produción de leite;
- Campañas de sensibilización de consumo de leite; - Accións, manexo e iniciativas relacionadas coas explotacións de leite. - Duración: entre 1 e 6 minutos.
- Prazo: último día para subir os vídeos será o 1 de xuño ás 00:00 horas.
- Premios:
- Premio o 1º mellor vídeo: 300,00 € en metálico.
- Premio o 2º mellor vídeo: 100,00 € en metálico.
A entrega de premios será o 18 de xuño durante a clausura de curso do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa.Pasos para participar
- 1. Sube o enlaza o teu vídeo no grupo de Facebook <<Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa>> (para iso simplemente tes que facerte amigo deste grupo Facebook). Ou tamén o podes subilo ao youtube e ligalo dende o Facebook do centro. 2. Envía un correo a somosoquebebemos@efagalicia.org.
- 3. Consegue que o teu vídeo sexa o máis visitado.

Máis información
Novas relacionadas
- Os alumnos do EFA Fonteboa aprenden novas vías de desenvolvemento rural en Francia.
- O EFA Fonteboa aprende aos gandeiros as novas aplicacións informáticas.
- O Centro Fonteboa acolle unha xuntanza internacional de alumnos pola diversidade do sector gandeiro.
- Os alumnos do Centro EFA-Fonteboa descubren o seu concello cunha marcha topográfica.
Máis novas
- A canto sae un ferrado na Costa da Morte?.
- Estudio do Centro Fonteboa: Na Costa da Morte chove máis dun tercio dos días.
Fonte
- Nota de prensa do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa.