Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O grupo Popular defenderá no pleno a construción do segundo treito da autovía da Costa da Morte

O grupo Popular defenderá no pleno a construción do segundo treito da autovía da Costa da Morte
As-obras-do-treito-sur-da-Autovia-Costa-da-Morte-en-Berdoias O pasado mes de xullo inagururouse a "media autovía" da Costa da Morte quedando sen facer o treito sur Sete meses despois da inauguración da "media autovía" da Costa da Morte, o grupo Popular defenderá no pleno da vindeira semana a continuidade na construción da autovía da Costa da Morte e a elaboración dun informe bianual coas inquedanzas, os problemas e os obxectivos do sector pesqueiro galego. Na mesma sesión plenaria tamén se debarerá a proposición de lei, asinada por todos osgrupos parlamentarios, para presentar perante o Congreso dos Deputados solicitando a transferencia da titularidade e as competencias da AP-9 á comunidade galega. A orde do día da sesión plenaria da vindeira semana incorpora, ademais, dúas proposicións non de lei por parte do grupo Popular. A primeira delas ten como obxectivo que a Xunta de Galicia, unha vez se puxeron en servizo o pasado ano 27 quilómetros entre Carballo e Baiocontinúe coa construción da autovía da Costa da Morte no treito que conecta Baio e a AC-432 en dirección a Camariñas. En concreto, a proposición de lei solicita que a Xunta avance neste ano 2017 nos trámites necesarios para a redacción do proxecto construtivo deste tramo da autovía da Costa da Morte, dispoñendo as anualidades necesarias nos orzamentos para que esta infraestrutura sexa unha realidade na presente lexislatura.

Novas relacionadas

A historia da Autovía Costa da Morte

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios