Venres. 19.04.2024
El tiempo

O #InForum céntrase en xerar emprego no local

O #InForum céntrase en xerar emprego no local
Inforum-Carballo-2016

Xa temos data para o próximo ciclo de charlas #inFórum de Carballo. Do 7 ao 10 de marzo, o Fórum carballés acollera interesantes charlas, que tomarán o relevo das exitosas citas do ano pasado sobre a superación da discapacidade e sobre as redes sociais.

Este ano toca falar en materia laboral e de igualdade. Un día de microcharlas enfocadas a buscadores de emprego, outro a empresarios e outro sobre igualdade de xénero, pero sobre todo, pensando en Xerar emprego no local, de aí o nome das charlas, o “workIN Carballo”.

Xa podes inscribirte chamando ao 981 709 0121 ou enviando un email a [email protected].

Buscas emprego?

Se es usuario/a da BDT, non te perdas as actividades do luns 7 de marzo pola mañá:

  • 9.00 Presentación – Recepción.
  • 9.30 -11.30 Obradoiro: “A busca de emprego, un paso necesario para empreder o teu propio voo”, a cargo de Manuel Rego, de Wittalento SL
  • 11.30-12.00 Pausa – Café.
  • 12.00 Acto inaugural (Xosé Regueira e Evencio)
  • 12.15 Microponencias: “Como afrontamos un proceso de selección. A visión da empresa”.
    - Balneario de Carballo (Francisco Javier Castro Carro- Responsable adxunto do departamento de calidade).
    - Gadisa (departamento de RRHH)
    - Eu búscoo (Mari Pacoret – Intermediadora laboral).

Tes unha empresa?

Se es empresario/a, esta semana hai dúas propostas para ti:

  • O luns 7 de marzo pola tarde:
    - 19.00 Xestión de Redes sociais no entorno PEME. Poñente: Carlos Parada Gandos.
    - 20.00 Degustación de produtos locais.
    - 20.30 Xestión de Recursos Humanos na PEME: claves para optimizar un proceso de selección. Imparte Manuel Rego, de Wittalento, SL.
  • Mércores 9 de marzo pola tarde: Sesións informativas sobre os recursos municipais para o emprego:
    - 19.00 Carballo compromiso Calidade. Presentación e entrega de placas do selo de calidade local para hostelería.
    - 20.00 Presentación da Bolsa de Traballo Municipal (BDT).
    - 21.00 Degustación de produtos locais.

Polo Día da Muller

O Martes 8 de marzo, polo Día INternacional da Muller, haberá ás 20.00h o Encontro de mulleres: microponencias sobre experiencias emprendedoras con participación libre. Ademais, haberá Degustación de produtos locais e Photocall reivindicativo.

inforum-Carballo-2016-Charlas-WorkIN-Carballo  

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios